Publícanse as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2025) que teñen como finalidade apoiar a internacionalización das empresas galegas, reforzando a súa presenza no exterior mediante diversas accións de promoción.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as pemes e os autónomos, que cumpran cos seguintes requisitos:
- Ter un centro de traballo en Galicia con polo menos un traballador por conta allea na data de publicación da convocatoria.
- Estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo emitido desde o 1 de xaneiro de 2013 en adiante, ou darse de alta a través do procedemento IG192 antes de presentar a solicitude.
- Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir coas condicións da axuda.
Exclusións: Startups con certificación de Enisa ou empresas constituídas hai menos de 42 meses.
Actividades subvencionables
A axuda financia proxectos de internacionalización que inclúan unha ou varias destas accións:
- Promoción
- Participación en feiras e eventos internacionais (presenciais ou virtuais).
- Misións comerciais directas e inversas.
- Márketing e comunicación internacional
- Campañas publicitarias en medios estranxeiros.
- Elaboración e difusión de catálogos para mercados exteriores.
- Prospección de mercados internacionais
- Estudos de competencia e benchmarking.
- Accións de seguimento comercial.
- Operatividade da internacionalización
- Certificacións, rexistros de marcas, adaptación de produtos.
- Servizos de tradución e asesoramento loxístico/xurídico.
- Dixitalización para a internacionalización
- Creación de tendas online e adaptación a mercados exteriores.
- Campañas de inbound marketing internacional.
- Analítica e cadros de mando para vendas e márketing en liña.
En canto aos gastos directos subvencionables:
Para os efectos de cálculo da subvención poderán ser subvencionables os gastos que correspondan indubidablemente á natureza da acción subvencionada e reulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto e que se detallan no artigo 7 da orde reguladora.
Poderanse incluír ata un 7% de custos indirectos, que son aqueles que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.
Serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2025, e ademais requírese que o proxecto para o cal se solicita a axuda non estea executado íntegramente (data da última factura) no momento de presentar a solicitude de axuda. A data límite da realización do gasto será a establecida na resolución de concesión.
Contía da axuda
Subvención do 70 % dos custos directos subvencionables, máis un 7 % adicional como custos indirectos fixos, cun máximo de 150.0000 euros de importe total da axuda por empresa.
Límites por tipo de acción:
- Máx. 100.000 € para accións de tipo:
a) Promoción.
b) Márketing e comunicación.
c) Prospección.
d) Operatividade. - Máx. 50.000 € para accións de tipo:
e) Dixitalización.
Gasto mínimo subvencionable do proxecto: 3.500 € sen IVE (excluídos custos indirectos).
Prazo de solicitudes
Do 26 de maio ata o 30 de setembro de 2025 (ou ata que se produza o esgotamento do crédito):
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento IG622A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.