O Ministerio de Cultura convoca, en réxime de concorrencia competitiva, a orde que regulará a concesión de axudas para o ano 2025 a proxectos cinematográficos, tanto as axudas selectivas e xerais para longametraxes como as destinadas á produción de curtametraxes, e inclúe novidades importantes pensadas para facilitar o acceso á produción profesional, promover a igualdade de oportunidades no sector e apoiar proxectos con dificultade de financiamento.
No caso das axudas destinadas á produción de curtametraxes, estes deberán estar xa realizados, non se subvencionarán curtametraxes en proxecto.
Beneficiarios
Empresas produtoras de cine e audiovisual con sede ou establecemento permanente en España e agrupacións de produtoras (con representante ou xestora).
Só as produtoras que executen gasto poden ser beneficiarias.
Requisitos adicionais:
- Estar inscrito no Rexistro Administrativo de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais
- Ter dereitos de explotación da obra: Debes ser titular dos dereitos necesarios para distribuír e comercializar a película durante polo menos 3 anos desde que se cualifique a obra.
- Cumprir coa normativa laboral e contractual. Estar ao día nos pagos ao persoal técnico, creativo e ás empresas técnicas da túa última película que tivera axuda pública.
- Persoas con discapacidade: Para axudas a longas (xerais ou selectivas), debes ter contratada ou incorporar ao equipo unha persoa cun mínimo do 33 % de discapacidade recoñecida. (Isto non se aplica a proxectos documentais ou experimentais.)
- Compromiso de accesibilidade: As películas deben ter subtitulado especial e audiodescrición (obrigatorio para longas).
- Compromiso de produción en España. Polo menos o 50 % do orzamento da película ten que gastarse en España ou reverter en profesionais e servizos españois.
- Certificado cultural (para longas). O proxecto debe ter interese cultural, e cumprir polo menos 2 criterios
- Financiamento asegurado no momento da solicitude. Debes demostrar que tes unha parte do financiamento pechada (con contratos ou compromisos reais), segundo a porcentaxe esixida para cada tipo de axuda.
- Limitacións por empresa. Unha mesma empresa ou grupo de empresas vinculadas non pode recibir máis do 10 % do total de fondos dispoñibles nun ano para unha liña de axuda.
Exclusións:
- Produtoras non independentes con límites.
- Se es unha produtora non independente, non podes ter máis do 60 % da titularidade da obra, nin actuar como representante/xestora dunha agrupación.
- Incompatibilidade de coproducións internacionais.
- Só pode pedir a axuda a produtora española (ou con sede permanente en España) e só pola parte española do proxecto. A parte estranxeira non entra.
- Non se poden pedir dúas axudas para a mesma película no mesmo ano.
- Se presentas un proxecto a axudas selectivas, non podes presentar ese mesmo proxecto ás xerais, nin viceversa .
- Non se aplica a coproducións internacionais.
- Empresas que non están ao día coas obrigas tributarias ou da Seguridade Social.
- Empresas que xa foron penalizadas por outras axudas públicas
- Quen estea sancionado por non cumprir normas, especialmente en igualdade.
- Se non tes os dereitos de explotación ou non os tes por mínimo 3 anos.
- Quen non ten os dereitos sobre a obra, Se non tes os dereitos de explotación ou non os tes por mínimo 3 anos.
- Máximo 3 intentos co mesmo proxecto. Un proxecto só pode participar en 3 procedementos de selección (dentro da mesma liña de axuda) en anos distintos. Se non lle dan a axuda neses 3 intentos, xa non pode volver presentarse.
Actividades subvencionables
O que se pode financiar con esta axuda:
- Produción de longametraxes sobre proxecto
- Inclúe tanto as axudas xerais como as selectivas.
- A película debe estar en fase de proxecto (é dicir, antes de cualificación final).
- Pódese tratar de ficción, animación ou documental.
- Produción de curtametraxes
- Tanto se está en proxecto coma se xa está rematada.
- Pódense presentar curtas de ficción, animación ou documental.
- Inclúe curtas independentes ou parte dun proxecto máis grande.
- Coproducións internacionais
- Proxectos feitos xunto con empresas estranxeiras, sempre que a produtora española teña unha participación e sexa quen solicite a axuda.
- A axuda só cobre a parte correspondente á participación española.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Gasto de desenvolvemento e preprodución: Guións (pagamento a autoras/autores), dirección artística, deseño de produción, casting, localizacións.
Gastos de produción e rodaxe: Contratación de persoal técnico e artístico, aluguer de equipos, escenografía, vestiario, maquillaxe, transporte e desprazamentos, aluguer de localizacións, e seguros de rodaxe.
Gastos de postprodución: Montaxe, corrección de cor, efectos especiais, son, música, locucións, mestura, subtitulación especial e audiodescrición (obrigatorios para as longas), laboratorio e copias mestres.
Gastos anteriores á solicitude (se están auditados): Pódense incluír algúns gastos feitos antes de pedir a axuda, sempre que estean ben xustificados e auditados (ex. desenvolvemento de guión, primeiros pagos de equipo, etc.).
Promoción e distribución: Gastos relacionados coa distribución da película poden contar como parte do financiamento do proxecto.
Capitalizacións: Pódese contar como parte do financiamento unha porcentaxe do orzamento achegada pola propia empresa (ata un 10 % nas axudas xerais, e ata un 5 % nas selectivas).
Importe das axudas
Distribución do crédito anual da liña de axudas:
Como mínimo, o 35% do crédito total anual reservarase para proxectos dirixidos exclusivamente por mulleres. Ademais, reservarase un mínimo do 8% do crédito para proxectos de animación.
Estas porcentaxes aplícanse sempre que os proxectos cumpran a puntuación mínima establecida na convocatoria. Se algunha destas partes reservadas (35% ou 8%) non se utiliza na súa totalidade, ese diñeiro será devolto á liña xeral para ser repartido entre outros proxectos.
Límites das axudas por proxecto:
A convocatoria establecerá un importe máximo que se poderá adxudicar a cada proxecto, que non poderá superar os 1.400.000 euros. Esta subvención máxima será dun máximo do 40% do custo da longametraxe recoñecida polo Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.
Non obstante, esta porcentaxe do 40% pódese aumentar ata o 60% en casos especiais:
- Para proxectos considerados “obras audiovisuais difíciles” segundo a definición legal.
- Para proxectos incluídos nunha relación específica de obras, segundo a lei que regula as intensidades máximas de axuda.
Prazo
O prazo de solicitudes está aberto ata o 19 de xuño do 2025.
Máis información
BDNS(Identif.): 832607
MODIFICACIÓN DA ORDEN:
O contido deste resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.