AXUDAS EMPRESAS EDITORIAIS 2024

Convócanse axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais neste ano 2024.

Estas subvencións da Xunta de Galicia van dirixidas a apoiar o sector editorial galego, no que se refiere aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións , nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e distribuidas entre o 1 de novembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024. 

Estas axudas son compatibles con calquera outra que puidese ser concedida para a mesma finalidade. Non obstante, o importe da axuda non poderá superar , illadamente ou en concorrencia con outras, o custo da acción que levou a cabo a entidade beneficiaria. No caso das axudas de minimis a empresa non poderá exceder os 200.000€ nun periodo de tres exercicios fiscais. 

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas coa condición de editoras, dados de alta antes do 1/01/2024  no epígrafe 476.1 edición de libros do IAE, que conten cun departamento de edición en Galicia.

Consideraránse subvencionables os seguintes gastos:

  • Gastos de edición.
  • Gastos de autoría.
  • Gastos de correción.
  • Gastos de revisión.
  • Gastos de maquetación.
  • Custos de preimpresión e impresión.
  • Custos de dixitalización.
  • Calquera outro de natureza similar. 

Condicións que deben cumprir os libros obxecto de subvención:

  • Estar editados en Galicia e comercializados a través de librarías ou doutras plataformas de distribución, física ou dixital.
  • A edición, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 01/11/2023 e o 30/09/2024, ambos incluídos.
  • Ter unha tiraxe mínima, incluídas reimpresións dentro do período establecido no punto anterior, de 400 exemplares, agás as obras de poesía, teatro e ensaio, que poderán ter un mínimo de 200 exemplares por tiraxe.
  • Ter un plan de distribución e comercialización en España e/ou fóra de España.
  •  Ser unha primeira edición dunha obra inédita, ou ben dunha obra cuxa última edición, na lingua que se propón publicar, teña unha antigüidade de máis de 15 anos.
  • Posuír un mínimo de 60 páxinas por exemplar, excepto os libros infantís, de teatro e de poesía
  • Calquera outro tipo de publicación na que concorran as características establecidas na convocatoria de subvencións regulada por estas bases. 

Unha obra que estea editada en varias encadernacións (rústica, cartoné, etc) só poderá presentarse nunha delas e cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de 15 libros. 

Supostos excluídos

  • Todos os libros de texto sen excepción, calquera que sexa o nivel ou tipo de ensino, os libros de exercicios e prácticas e as correspondentes claves de exercicios e libros do profesor, os temarios de oposicións, así como enciclopedias e dicionarios.
  • Os libros editados con algunha institución ou organismo público. 
  • As obras editadas en fascículos.
  • Os libros conceptuados como de bibliófilos.
  • Todas as edicións facsímiles sen excepción, calquera que sexa a súa temática ou tipoloxía. 
  • Os libros editados polos seus autores
  • As obras que, editadas por clubs do libro e empresas similares, só son alcanzables aos respectivos socios ou adheridos, e os editados expresamente para a venda a prazos.
  • Os álbums, recortables, libros de pintar e colorear, cadernos de caligrafía e de exercicios e, en xeral, todos aqueles en que se teña que traballar.
  • Os catálogos de exposicións.
  • Os anuarios, publicacións periódicas e separatas ou números monográficos destas.
  • As fotocopias encadernadas en forma de libro.
  • Os volumes soltos que formen parte dunha obra completa no caso de que non se comercialicen por separado.
  • As reimpresións de obras.
  • As obras subvencionadas con cargo á convocatoria anterior desta orde.
  • Os gastos de tradución.

Contía da axuda

O importe máximo de subvención por editorial será de 25.000€.

O importe final adxudicado a cada entidade determinarase en función do investimento presentado e de acorde coas seguintes porcentaxes: 

Ata 6.500€ de investimento por obraDe 6.501€ en diante de investimento por obra
En galegomáximo 80%máximo 50%
Noutra linguamáximo 90%máximo 60%

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 19 de xaneiro de 2024 ata o 19 de febreiro de 2024.

Máis información:

ORDE do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2024, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CT238A)

  • Código de procedemento:CT2384.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten só fins informativos; en ningunha circunstancia o contido da publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *