BENEFICIARIOS
Poderán resultar beneficiarias destas axudas as pemes con ata 10 persoas empregadas e autónomos, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:
• Desenvolver unha actividade económica en situación de alta no Imposto de Actividades Económicas agás aquelas actividades incluídas no epígrafe CNAE 9200, actividades de xogos de azar e apostas.
• Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, ou na Mutua profesional correspondente e na Axencia Estatal Tributaria no momento da presentación da solicitude nas actividades de hostalería, comercio, ou similares .
• Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa física (traballador autónomo) ou unha pequena empresa de ata 10 persoas empregadas.
• Ter, no exercicio 2019, unha facturación anual para os efectos do IVE inferior a un millón de euros. Cando o solicitante non levara de alta, no ano 2019, os 12 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo de xeito proporcional en función do período de actividade.
• Que a actividade económica se exerza no Concello de Pazos de Borbén. Enténdese que a actividade se exerce no Concello de Pazos de Borbén cando o seu domicilio social e fiscal estea situado no termo municipal e desenvolvase a súa actividade económica nun local, establecemento ou centro de traballo determinado aberto ao público na actualidade e con atención directa a este.
• Que a actividade económica desenvolvida resultase afectada polo peche obrigatorio durante o ano 2020 e/ou 2021 debido as medidas restritivas de protección fronte a Covid-19, tanto de ámbito estatal como autonómico.
Tamén poderán beneficiarse aquelas persoas ou entidades cuxa actividade, non afectada polo peche de establecementos obrigatorio, sufrira unha redución de facturación superior ó 50%, con relación á media do ano 2019.
GASTO SUBVENCIONABLE
Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes gastos relacionados coa actividade da empresa ou autónomo realizados e efectivamente pagados entre o 14 de marzo de 2020 e o 21 de outubro de 2021:
• Gastos de aluguer, tanto de bens mobles como inmobles. Neste caso deberá ademais presentar contrato de arrendamento en vigor ou documento asinado pola persoa arrendadora e pola persoa arrendataria que indiquen que o contrato está en vigor
• Gastos de subministro de electricidade, gas e teléfono, correspondentes ao local onde se exerza a actividade.
• Gastos de seguros de responsabilidade civil e seguros de accidentes vinculados co exercicio da actividade económica.
• Compra de mercadorías relacionadas coa actividade.
• Gastos de cotas de autónomos.
• Gastos derivados dos salarios do persoal contratado por conta allea, excluídas as retencións.
• Gastos financeiros directamente relacionados coa actividade.
• Mantemento de comunicacións: teléfono, internet, correos, mensaxería. So será subvencionables os gastos que respondan de xeito indubidable á natureza da axuda e que ademais estean efectivamente pagados no momento da presentación da solicitude da subvención
O importe máximo da subvención a conceder é de 1.000,00 €.
Non se poderá conceder máis dunha subvención a cada solicitante, aínda que teña máis dunha actividade empresarial, profesional ou comercial
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 de febreiro de 2022
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases no BOPP Detalle – Deputación de Pontevedra ou acceder á tramitación da mesma na Sede electrónica do Concello de Pazos de Borbén Sede Electrónica de Pazos de Borben (sedelectronica.gal)