O obxecto desta axuda é fomentar a corresponsabilidade nos coidados infantís, subvencionando a reducción de xornada laboral entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025, especialmente dirixida a: homes en parellas heterosexuais, calquera proxenitor en parellas do mesmo sexo e persoas en familias monoparentais.
Beneficiarios
Aquelas persoas que exerzan o dereito á reducción de xornada laboral para o coidado de fillos/as menores: homes en parellas heterosexuais, calquera proxenitor en parellas do mesmo sexo e persoas en familias monoparentais.
Requisitos adicionais:
- Empadroamento en Galicia.
- Redución de xornada mínima do 12,5 %.
- Coidado de fillos/as menores de 3 anos, ou menores de 12 con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- Traballador/a por conta allea (sector público ou privado).
- Non superar 7 veces o IPREM 2024 nos ingresos familiares.
- Convivir co/a menor durante o período subvencionado.
Exclusións:
Só pode haber unha persoa beneficiaria por unidade familiar.
Actividades subvencionables
A reducción da xornada de traballo por parte dunha persoa proxenitora para o coidado de fillos/as, sempre que o fillo/a sexa:
- Menor de 3 anos
- Menor de 12 anos con discapacidade ≥ 33 %
- Menor adoptado/acollido nos últimos 3 anos (12 se ten discapacidade).
Contía
Depende da porcentaxe de redución de xornada, duración e número de fillos/as ao cargo.
% Redución de xornada | 1 fillo/a | 2 fillos/as | 3 ou máis fillos/as |
12,5% – 25% | 1.700 € | 2.000 € | 2.300 € |
25% – 37,5% | 2.800 € | 3.100 € | 3.400 € |
Máis do 37,5% | 3.100 € | 3.400 € | 3.700 € |
Aplica un coeficiente multiplicador de 2 por cada fillo/a nas seguintes situacións:
- Ten discapacidade ≥ 33 %.
- É unha familia monoparental.
Prazo
O prazo de solicitude está aberto ata o 14 de agosto de 2025.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento SI440A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.