A través desta convocatoria regúlanse as axudas para o ano 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio. Tamén se establece o procedemento para a adhesión dos establecementos colaboradores e o sistema de funcionamento dos bonos.
A finalidade deste programa é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras a través de descontos nas compras, e desta maneira fomentar o consumo nos comercios adheridos á campaña.
Establecementos beneficiarios
Serán beneficiarios os establecementos comerciais retallistas situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser autónomos ou PEMES.
- Ter un establecemento comercial (tenda física) aberto ao público en Galicia.
- Estar dados de alta nalgún dos epígrafes do IAE incluídos no anexo I da orde.
- Adherirse ao programa mediante inscrición na web plataforma.
- Adquirir o compromiso de aplicar os descontos de forma directa no punto de venda.
- Dispoñer de medios para comprobar a validez dos bonos emitidos aos clientes.
Están excluídos os establecementos de venda en liña sen atención ao público presencial.
Actividades subvencionables
A aplicación de descontos aos clientes no momento da compra, mediante o uso dos bonos emitidos pola Xunta de Galicia.
Adhesión ao programa por parte dos comercios. Funcionamento
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal, cubrindo o correspondente formulario.
A alta e o uso da aplicación polas persoas comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade.
Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas condicións nin coa forma establecida nesta orde.
O nome comercial e a localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio faranse públicos na web www.bonosactivacomercio.gal, para que os usuarios poidan saber os establecementos que aplicarán os descontos.
A descarga dos bonos polos usuarios realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal, tendo estes formato dixital a través dun QR e estará dispoñible nunha APP que permita realizar pagamentos.
Para trocar os bonos os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP bonos Activa comercio.
No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda, e aparecerá automaticamente o importe que ten que cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
As persoas comerciantes adheridas ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para ese efecto, a cantidade equivalente aos bonos (descontos) trocados no seu establecemento.
Os bonos descargados poderanse utilizar ata o esgotamento do orzamento.
A Xunta poderá consultar os datos das persoas comerciantes incluídos no formulario de solicitude, en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, en cuxo caso, deberá achegar os correspondentes documentos.
Contía dos bonos desconto
cada persona beneficiaria dispondrá de un único bono que podrá ser usado en uno o varios de los comercios minoristas adheridos al programa Cada bono terá un valor de 30 euros e os usuarios (consumidores) poderán obter descontos directos nos establecementos comerciais adheridos ao programa. Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que Os descontos aplicaranse automaticamente no mesmo momento da venda, do seguinte xeito:
- 5 € de desconto en compras entre 20 € e 29,99 €.
- 10 € de desconto en compras entre 30 € e 49,99 €.
- 15 € de desconto en compras de 50 € ou máis.
Posteriormente, a Xunta de Galicia reembolsaralle ao comercio os importes dos descontos aplicados, mediante o procedemento establecido.
O establecemento comercial non recibe axudas directas. O beneficio que saca é a posibilidade de incrementar as súas vendas, grazas a este programa que incentiva o consumo nos comercios adheridos.
Prazo
O prazo para a adhesión dos comercios está aberto dende o 20 de maio ata o 31 de decembro de 2025.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento CO301B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.