Activa Startup pretende fomentar a colaboración entre empresa & startup, para axudar con iso ao crecemento e á transformación dixital.
BENEFICIARIOS
Poderán ter a condición de empresas beneficiarias, as empresas cuxa actividade se refira a calquera sector, exceptuando empresas que operen nos sectores da pesca e a acuicultura, con domicilio fiscal en Galicia, que cumpran cos seguintes requisitos:
- Que teñan a condición de PEME.
- Que vaian desenvolver un proxecto de innovación aberta, entendida coma unha estratexia de innovación baixo a que as empresas van máis aló dos límites internos da sua organización e onde a cooperación con profesionais externos pasa a tener un papel fundamental.
- As startups apoiarán e asesorarán as entidades beneficiarias participando nese proceso.
- Que se atopen establecidas dentro do concepto de Startups: empresas de recente creación, cando non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía, ou industrial, que cumpra os seguintes requisitos:
- Non xurdir dunha operación de fusión, escisión ou transformación. Os termos concentración ou segregación considéranse incluídos nas anteriores operacións.
- Ter a súa sede social, domicilio social ou establecemento permanente en España.
- O 60 % do persoal deberá ter un contrato laboral en España ou contratos mercantís no ámbito da Unión Europea.
- Non distribuír nin ter distribuido dividendos.
- Non cotizar nun mercado regulado nin nun sistema multilateral de negociación.
- Calquera outro requisito que se esixa legalmente para definir o concepto de startup ou empresa emerxente, que se incluirá nas correspondentes convocatorias.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
As acción subvencionables en Activa Startup son aquelas que desenvolvan e incorporen tecnoloxías emerxentes, transformen cara a unha economía baixa en carbono ou incorporación da economía circular no modelo de negocio da peme, co obxectivo de dar resposta a retos expostos en empresas que buscan a innovación aberta mediante solucións baseadas en tecnoloxías emerxentes como intelixencia artificial, internet das cousas, tecnoloxías de procesamento masivo de datos e información, computación de alto rendemento, blockchain, procesamento de linguaxe natural, ciberseguridade, realidade aumentada, realidade virtual, robótica colaborativa, entre outras.
Teránse en conta os seguintes criterios:
- Aplicarase os gastos de contratación de servizos de asesoramento e apoio en solucións tecnolóxicas innovadoras adaptadas ao reto da PEME dentro do proxecto de innovación aberta aprobado no programa Activa Startups.
- Só poderán considerarse financiables aqueles conceptos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade para financiar e resulten estritamente necesarios, con base na descrición das actuacións achegada na memoria de solicitude.
- O período subvencionable, que comprende desde a resolución da concesión das axudas ata a data límite para a execución de actividades será de 8 meses desde a data de notificación da mesma.
- Só poderá ser subvencionables aqueles proxectos que respecten plenamente as normas e prioridades da UE en materia climática e ambiental e o principio de «non causar un prexuízo significativo.
COMPATIBILIDADES
Activa Startup é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. Con todo, só poderán concorrer con outras axudas de minimis ata o límite máximo que se establece, por empresa.
CONTÍA
A intensidade da axuda concedida será do 100% do importe bruto dos custos subvencionables do proxecto ata unha contía máxima de 40.000 €
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xullo do 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases premendo aquí.