Entrevista Barbería Xacobe

Entrevista realizada por Gabriel Bercholc, do Programa de Emprego ”Maiv Garantía Xuvenil 20”.

Hoxe falamos con Xacobe, quen decidiu abrir a súa propia barbería en Bouzas. Xacobe é un barbeiro á vella usanza, cun trato familiar, que busca a plena integración do seu emprendemento co barrio.

Como xurdiu a idea de emprender?

Xacobe: Polo hartazgo de traballar para outros, con todo o que iso conleva: en primeiro lugar, por ter que seguir unhas ideas de como levar un negocio ou formas de tratar ao cliente distintas ás que me caracterizan e, obviamente, porque unha boa parte do que xeneras co teu traballo non é para ti.

Canto levas no sector?

Xacobe: Profesionalmente, uns 5 anos, pero anteriormente xa me dedicaba a isto de forma “amateur”. É unha actividade que me gusta e sempre intentei estar ao dia de forma autodidacta e mediante cursos, adquirindo novas competencias en todo o que abarca a barbería.

Que cres que te diferencia de outros negocios competidores?

Xacobe: Creo que a principal diferenza é que busco un trato máis familiar, gústame coñecer ao cliente, levar a cabo un traballo ben feito, sen présas.

En definitiva, a cercanía non só co cliente, senón coa xente da zona e estar de bo rollo.

Como te ves dentro de 5-10 anos?

Xacobe: Non son de pensar a futuro, pero teño claro que non quero ser escravo do meu traballo. O importante para min é poder vivir disto, sen ostentacions, e que me siga gustando o que fago. Son dos que pensa que o verdadeiro luxo é poder desfrutar do meu tempo libre cos meus seres queridos.

Como coñeciches a MAIV?

Xacobe: A través dun cliente que mo recomendou -polo boca a boca- e me deu o contacto de Pedro, o Axente de emprego e desenvolvemento local, e a partir de aí, falei cun servizo da Xunta que me derivou ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da Mancomunidade.

Que consello lle darías a alguen que quere emprender e non se atreve?

Xacobe: Que se asesore moito, que contraste información. A Mancomunidade é un bo sitio para facelo.

Entonces, crees que atopaches toda a información necesaria na MAIV e recomendarías o seu Servizo de Asesoramento?

Xacobe: Si, totalmente, e incluso recibín máis do que esperaba. Eu esperaba un pequeno asesoramento e atopeime con que me axudaron no papeleo e con toda a imaxe coportativa da miña empresa.

Podes atopar a Xacobe nas súas redes sociais do negocio, en Facebook e Instagram e no seu local en Bouzas, na rúa Tomás Alonso, nº 242 de Vigo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *