Aquí che deixamos varios consellos prácticos que te levarán polo bo camiño á hora de emprender.
Esta guía rápida axudaravos a entender mellor o proceso para que o teu proxecto teña éxito.
- Para empezar ten clara cal é a túa idea de negocio e pensa como che gustaría poñela en marcha. Escribe os pros e contras da túa idea e valora se realmente é o que queres facer xa que tes que apostar polo teu proxecto ao 100%.
- Unha vez que a túa idea esté clara realiza un pequeno estudio de mercado. Cal pode ser a túa competencia? En qué zona terás máis oportunidades de que o teu negocio saia adiante? Que tipo de público obxectivo tes? etc.
- Deseña o teu plan. O mellor é que teñas ben claro cales son os teus obxectivos para non desviarte no camiño ou ter dúbidas. Tamén debes comezar a valorar como te vas valorar, por internet ou de xeito tradicional? Tes un orzamento para iso?
- Á hora de emprender o normal é darse de alta en Autónomos. O ideal é que primeiro te formes, busca cursos, aprende sobre xestión e marketing. Logo infórmate sobre as túas obrigas como autónomo: que hai que pagar, onde hai que darse de alta, que papeles hai que preparar, etc.
- Ten en conta tamén se vas precisar persoal ou un local isto son gastos que tamén tes que ter en conta e valorar se os podes afrontar. Igualmente, valora que material necesitas, se tes que usar un vehículo, etc.
- Unha vez que teñas todos os gastos, a seguinte cuestión sería se contas con algún tipo de financiación. Se non é así valora se podes comezar o negocio sen ela, se podes pedir un préstamo, se podes acceder a algún tipo de subvención…
- Vas ter que facturar, xa sabes como facelo? Bota man dunha xestoría ou aprende a facelo asistindo a cursos de formación.
Xa es un emprendedor, lánzate! Desde Emprendenarede desexámosche un futuro prometedor.