Mediante a Cámara de Comercio podes obter o teu certificado de libre venda e consumo, documento que acredita que o produto a exportar é conforme á lexislación española e de comercialización libre en España.
Tamén che axudará a potenciar a imaxe da túa empresa no exterior e permitirache cumprir cun dos requisitos para poder rexistrar os teus produtos ou marcas noutros países, xa que as autoridades sanitarias e os importadores de algúns países requiren que os produtos a exportar vaian acompañados dun certificado que demostre que estes son libre de venta ou comercialización no país de procedencia.
QUEN PODE SOLICITALO
Aquelas empresas que exporten ou teñan pensado comercializar os seus produtos fóra de España.
COMO PODE SOLICITARSE
Existen dúas maneiras de obter este certificado:
- Presencial: na sede ou delegación da túa Cámara de Comercio
- Por medios electrónicos: na páxina web da Cámara de Comercio
Para ambas opcións é necesario cumprimentar este formulario.