IX CURSO DE EMPRENDEMENTO DESAFÍO MULLER RURAL

Es muller e tes unha idea ou iniciativa empresarial no rural? Inscríbete na IX edición do Curso “Emprendemento Desafío Muller Rural” no que poderás adquirir coñecementos, ferramentas e habilidades para desenvolver o teu plan de negocio.

O Instituto das Mulleres lidera a  iniciativa Desafío Muller Rural, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, para dinamizar o tecido empresarial feminino no ámbito rural. Este programa pretende remover os obstáculos que dificultan a igualdade, promover a inserción laboral das mulleres no medio rural, fomentar o tecido asociativo e as redes de emprendedoras e empresarias rurais e visibilizar os logros e o talento das emprendedoras rurais. Dentro deste proxecto, organiza esta formación on line específica para mulleres que desexen analizar a súa idea de negocio

DESTINATARIAS

Mulleres emprendedoras e empresarias no entorno rural, independentemente de que sexan persoas físicas ou xurídicas

CONTIDOS

Este curso articúlase en catro eixes nos que desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Apoio e asesoramento a emprendedoras e empresarias do mundo rural: o equipo de Desafío Muller Rural ofrece unha resposta ás consultas, asesoramentos e titorías personalizadas.
  • Fomento dos proxectos de emprendemento mediante difusión, visibilización e o recoñecemento: o Programa difundirá a través da súa páxina web e redes sociais as iniciativas das emprendedoras participantes. Ademais ofrecerá a elaboración de videos sobre a experiencia destas e publicarán as entrevistas realizadas ás mesmas.
  • Creación de redes de emprendedoras e empresarias do medio rural: celebraranse sesións grupais / encontros temáticos ou sectoriais entre emprendedoras e empresarias co obxectivo de crear sinerxias e un espazo de análise e xeración de coñecementos.
  • Formación específica sobre emprendemento no rural: Desafío Muller Rural ofrecerá cursos de capacitación, sen custe para as participantes, sobre desenvolvemento de modelos e plans de negocio, marketing e comunicación dixital, etc. que contan, ademais con asesoramentos individuais e sesións grupais de acompañamento.

O IX Curso de “Emprendemento Desafío Muller Rural” terá modalidade on line.

OBXECTIVOS DA FORMACIÓN

  • Potenciar a innovación e a capacidade emprendedora das mulleres no medio rural, ofrecendo un programa da formación completo en ámbitos relacionados co emprendemento como modelos de negocio, a dixitalización, os fundamentos financeiros, a xestión comercial…
  • O asesoramento e acompañamento servirán para asesorar e entrenar a mulleres do medio rural a mellora as súas capacidades de cara a realizar un plan individualizado.

PRAZO

O curso levarase a cabo dende o 30 de setembro ata o 8 de outubro de 2024.

O prazo de inscrición será ata o 22 de setembro de 2024. As prazas son limitadas.

MÁIS INFORMACIÓN

Para obter toda a información detallada consulta a web de Desafío Muller Rural.

Para obter máis información ponte en contacto ao teléfono 914 52 85 52 ou ao correo electrónico desafiomujerrural@inmujeres.es.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *