La Tostada de Mom, primeira web publicada polo PE MAIV Garantía Xuvenil 2020

O Programa de Emprego »MAIV Garantía Xuvenil 2020» é un proxecto da Mancomunidade que, entre outras actividades, complementa ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores, ofrecendo asesoramento e apoio especializados para os pequenos negocios da Área Metropolitana de Vigo, coma poden ser: a creación e deseño dun logotipo co seu correspondente manual de identidade, deseño de material publicitario (tarxetas, flyers, etc.), a elaboración dunha páxina web para promocionar os produtos ou servizos do negocio correspondente ou o asesoramento en redes sociais.

Este ano, un dos negocios que acudiu ás nosas oficinas a asesorarse e puido beneficiarse destas vantaxes foi o despacho de alimentación »La Tostada de Mom», que xa ten a súa propia páxina web configurada e deseñada polo alumnado-traballador deste Programa. Se ben é a primeira páxina que ve a luz, hai outras moitas en fase de desenvolvemento ou a piques de ser publicadas para outros emprendedores da Área Metropolitana de Vigo.

Para a súa creación, o equipo de traballo tivo unha entrevista con Montse Álvarez, a encargada do negocio, coa fin de coñecer de primeira man a filosofía da empresa e que quería transmitir na súa páxina web. Tras dedicarlle o tempo e esforzo requiridos, o resultado foi de especial agrado para a emprendedora que, tras unhas pequenas revisións, decidiu dala de alta esta mesma semana para darlle unha maior visibilidade ao seu local e aos seus produtos.

Na seguinte ligazón pódese ver o traballo realizado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *