Entrevista realizada por Lucía Pardo e Guillermo González Izaguirre, do Programa de Emprego ”Maiv Garantía Xuvenil 2020”.
Mapache Climbing é o primeiro rocódromo de referencia na provincia de Pontevedra. Contan cunhas instalacións de máis de 400 metros, das cales, a metade son escalables. Tamén contan cunha ampla zona de cafetería e descanso para relaxarte ao mesmo tempo que te divirtes. Dende a MAIV tivemos a oportunidade de entrevistar a Raúl Refojos, quen levou adiante este proxecto de emprendemento.
Falemos un pouco de Mapache Climbing, que servizos ofrece? que nos podemos atopar no teu local?
Raúl: É un centro de escalada destinado a unha modalidade chamada “boulder” ou bloque. Esta modalidade vai aos xogos olímpicos, onde van tres modalidades: psicobloc, que consiste en velocidade, outra de dificultade, na que te agarran con corda, e a de “boulder” ou bloque, que consiste en subir ata 4 metros de altura con máis técnica e diferentes dificultades e se hai caídas, estas prodúcense en colchoneta sen corda. Esta última modalidade é a que se pode atopar en Mapache Climbing.
Básicamente, é un ximnasio destinado integramente á escalada.
Cómo nace a idea de crear un rocódromo?
Calquera persoa que tocara roca escalando aquí en Vigo, tivo que ocurrírselle nalgún momento montar un rocódromo. Non había ningún, hai moita demanda de escaladores en Vigo e afeccionados e moito máis agora, que é mais coñecido.
Eu pasei moito tempo fóra movéndome, traballando en diferentes sitios e, cada vez que estou nun sitio novo, trato de escalar o máximo posible. En Francia eu puiden ver que estaban cheos os rocódromos, en Londres pasaba igual, en Alemania… había potencial, era como unha nova moda ao saír do traballo.
Por que escolliches un mapache como símbolo da túa compañía?
Non ten un fondo moi profundo, busquei en internet animais que escalasen e o mapache fíxome gracia. Mapache climbing soábame ben. A primeira idea foi chamarlle “A reunión” que é unha palabra técnica referida a cando estás na cima de todo e pasas corda para baixar, querendo xogar co concepto de crear unha comunidade, pero, tomando un té cos amigos, comenteino e insistíronme en que ese nome lles soaba máis a unha xuntanza de persoas maiores e entón, decidin buscar polo tema dos animais.
Tes unha imaxe gráfica moi traballada, con cores corporativas ben aplicadas. Isto é grazas a un traballo propio ou ven da man dun deseñador?
Empecei creándoa eu, e despois axudaronme uns amigos que son deseñadores gráficos. Eles dedícanse ao merchandasing, fan camisetas… e foron eles tamén os que me fixeron a páxina web, e tamén contei con eles para levar as redes sociais. Son eles os que me axudan a manter a mesma imaxe gráfica cando quero anunciar calquera cousa, facer nova publicidade,…
Que é o que diferencia Mapache Climbing?
En Vigo non hay ningún outro centro de escalada, tan só está o de Aluz pero este é un clube, só para socios, que está enfocado a outro tipo de clientes totalmente diferente.
En Mapache, aínda que tamén podes iniciarte dunha forma lúdica, enfocámonos á xente que quere facer un entrenamento de escalada máis profesional, non só por pasarlo ben. É un entrenamento, como o que se pode facer nun ximnasio, e non só polo aspecto recreativo, que tamén, pero non só nos quedamos neso: imos un pasiño máis alá. Ao igual que podes entrenar en calquera deporte, como no baloncesto, pois nós ofrecemos que veñas aquí e teñas un entrenamento completo de escalada.
Imaxináches que emprederías algunha vez? Era unha idea que xa tiñas en mente?
A primeira idea de negocio tívena xa vai 10 anos, pero non xurdiu a oportunidade ata agora, porque, entre outras razóns, sabía que montar un negocio implicaba sacrificar o meu estilo de vida e asentarme nun lugar. Pero fronte a idea de montar un rocódromo, sí que pagaba a pena e non o dubidei. O que tiña claro era que non quería volver a traballar para outro, por conta allea.
Como foi manter un negocio como este coa crise da COVID-19?
Tocounos de cheo. Cando todo este tema da Covid estaba comezando en China, nós estábamos en plena constitución do proxecto: facendo un forte investimento, pedindo créditos, montando os vestiarios… e de golpe, tivemos que parar todo. Durante polo menos un mes non puidemos nin rematar de pintar as paredes. Foi un golpe grande; ata nos plantexamos parar todo, pero xa tiñamos alí investidos todos os aforros e botarnos atrás nese momento era tirar os cartos. Seguimos adiante con moita incerteza.
Cando finalmente puidemos facer a inauguración, xa era verán e non sabíamos como ía ir a cousa, porque este deporte en pechado, en inverno, funciona moi ben, pero no verán a xente de roca vai á roca, e os que non, marchan á praia. Foron uns inicios duros… ata outubro, que tivemos un “boom” e por fin vimos que isto si funcionaba.
E despois, seguimos sufrindo o tema das restricións: ir vendo cada semana que podo facer agora e que non, se só abrimos para socios ou podo abrir ao público, se pode vir xente dende Pontevedra e outros concellos polo nivel de restricións, se podo dar clases, se xa non as podo dar… Foi moita lea e aínda seguimos. Agora parece que xa está a cousa máis tranquila, e esperamos non volver cara atrás.
Que lle diríades a alguén que quere emprender e non da o paso?
Que non intente facelo: que o faga, que vaia a por elo. Que non lle dea medo que teña competencia porque cada un ten o seu estilo.
No meu ámbito falábase de que igual viña para aquí Sputnik, un centro de escalada xigantesco que ten sede en Madrid, porque Vigo é unha cidade ideal para este deporte polo clima, pola xente que escala,…. pois eu non o vexo como un problema, penso que iso traería máis clientes…. o mesmo que montar un bar nunha zona de bares: donde máis xente hai, máis xente vai. Non hai que botarse para atrás e hai que ir a por todas.
Ao marxe do COVID, que complicacións tiveches ou qua atrancos atopaches á hora de emprender?
Tendo unha pandemia polo medio, eu diría que case todas as complicacións que tivemos foron derivadas dela, directa ou indirectamente. Quitando iso, pois poderíache dicir que as horas dedicadas, que son moitas, pero é que llas dedico con gusto. Así que, quizais o mais difícil de emprender sexa o conciliar o negocio coa vida persoal, dedicarlle tempo libre á familia, aos amigos e á parella.
Como coñecestes a MAIV e o seu Servizo de Asesoramento a Emprendedores?
Buscaba información para obter axudas e unha amiga que ten un negocio de ioga asesorouse aquí para facer o seu plan de empresa e recomendoume vir. No seu momento Pedro e Lourdes axudaronme moito, para darme de alta, pedir a axuda de autónomos… tiven moita axuda tanto da Mancomunidade como de Vigoemprende.
Recomendarías este servizo?
Sí, a Mancomunidad botoume unha man considerable, e gratuítamente; están pendentes de ti sen ter ti que contratar a ninguen.
Tes redes sociais asociadas o teu proxecto empresarial?
Usamos duas redes: Facebook e Instagram.
Se alguén quere ir ata o voso centro, onde pode atoparvos ou porse en contacto con vos?
O máis cómodo e que chamen por teléfono para porse en contacto no 666 16 23 36. Estamos en Coruxo, xusto enfrente da depuradora. O enderezo é Av. Ricardo Mella, número 123, Vigo.
Non sería necesario facer reserva para vir. É un ximnasio, só tes que vir polas instalacións, a non ser que queiras clases específicas ou un bautismo de escalada, pois para alguén que se inicia por primeira vez e non quera ir só ou soa, temos esa opción: ten ese bautismo no que botamos 1 hora con eles e botamoslle unha man explicándolles. Tamén habería que reservar no caso do curso de iniciación que ten unhas datas e un horario determinados. Se non, calquera persoa interesada só te que vir polas instalacións e aí temos varias opcións: coller unha entrada dun día, a posibilidade de facerse socio, coller bonos de 10,… como calquera ximnasio.
Atópaos tamén na súa web: http://mapacheclimbing.com
Es un sitio formidable y me sorprendieron la vistas a la desembocadura del lagares buen ambiente y mucha libertad a la hora de escalar .la gente se porta muy bien y sobre todo te enseñan mucho están pendientes de ti y te enseñan si no sabes