Entrevista Fenico Adiestrador Canino

No día de hoxe tivemos a oportunidade de entrevistar a Jairo Fernández, emprendedor oriundo do concello de Nigrán e cabeza visible de Fenico Adiestramiento Canino.

Entrevista realizada por Antía Fernández e Alejandro Polina, do Programa de Emprego Maiv Garantía Xuvenil 20

No día de hoxe tivemos a oportunidade de entrevistar a Jairo Fernández, emprendedor oriundo do concello de Nigrán e cabeza visible de Fenico Adiestrador Canino. Falamos de todo: das súas orixes, dos pasos seguidos até fundar Fenico, dos servizos que ofrece… 

– Cando comezou a túa paixón polos animais?

Jairo: Non hai un momento concreto. Xa dende pequeniño estiven rodeado de animais, fundamentalmente de granxa, polo que crecín coidando e xogando con eles.

– Por que adestrador canino? Que te levou a adicarte a isto?

Jairo: Pois mirade, eu estudei Belas Artes. Toda a miña vida estivo ligada á pintura, polo que cría que o meu futuro estaba condicionado a ela. Sen embargo, mentres estudaba, decateime de que non me gustaba tanto como para adicarme a iso toda a miña vida. Entón, plantexeime a seguinte situación: son todavía novo, teño 27 anos, que podo facer realmente? Aí e cando me decido a sacar o curso de adestrador canino e, durante as prácticas, coñecín a María Tino, de Truco Educación Canina, que me orientou e axudou moitísimo a dar o paso definitivo e comezar toda esta aventura.

– O nome Fenico, que representa para ti?

Jairo: É un alcume familiar. No meu pobo era moi típico que cada familia levase un, polo que a nosa era a familia dos fenicos. Fenico ven a significar algo coma ‘’pillabán, falcatrueiro’’.

– Falemos un pouco da túa metodoloxía de traballo. Que método empregas nos teus adestramentos?

Jairo: Sempre poño en práctica a retroalimentación positiva, prestando sempre atención e reforzando os detalles positivos no canto de castigar os negativos. Nunca se debe impor unha orde, o que se debe facer é que sexa o propio can o que decida, que pense por si mesmo cal é a mellor opción. Respecto sempre as súas emocións e trato de traballar con elas, coidando a súa saúde mental e resolvendo os seus temores. Por suposto, traballo tamén co dono ou dona da mascota, xa que de nada serve toda esta labor se despois o seu ou a súa responsable non é quen de saber que facer chegada unha situación conflitiva.

– Botando unha ollada ós teus servizos, vemos que ofreces servizo de adestramento grupal. Podes falarnos un pouco máis de en que consiste?

Jairo: Está pensado, sobre todo, para clientes cos que xa traballei de xeito individual e queren seguir progresando en diferentes ámbitos co seu can, como pode ser a mellora da socialización con outros peludos. A idea é levar a cabo esta progresión e, ademais, pasar un intre divertido nun entorno controlado. 

– Eu podería acudir a este servizo coa miña cadela sen ter traballado contigo previamente?

Jairo: Por suposto, pero tería que facer unha primeira avaliación do seu comportamento en segundo que situacións, xa que teño que ter moi claro como vai reaccionar cada animal en presenza doutro. Dixen o de clientes cos que xa traballei porque xa coñezo de primeira man á mascota, pero non habería problema en que novos clientes queiran solicitar este tipo de servizo.

– Que ten Fenico que non teñen o resto de adestradores caninos da zona?

Jairo: Pois o trato personalizado, cercano, a preocupación e o seguemento de cada un dos meus clientes peludos. Pero, sobre todo, fago algo que case ninguén fai, e é realizar os adestramentos fóra dun entorno controlado e co dono ou dona da mascota. Porque, coma dixen antes, de nada vale que traballe eu só co can nunha zona que nada teña que ver co seu entorno habitual de convivencia, para que despois cando volte á súa casa amose algún comportamento inadecuado ó sentirse en confianza e o seu propietario non saiba moi ben como xestionalo.

– Cambiando xa un pouco de terzo: Cando te decidiches a dar o paso e comezar a emprender?

Jairo: Pois cando comezaron as miñas primeiras ganancias tralo curso (risas). Coma comentei antes, a meirande parte da culpa tívoa María Tino, que me meteu neste mundo e me animou e apoiou todo este tempo.

– Como te enteraches dos servizos que ofrece o SAE e, por conseguinte, a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo?

Jairo: Lémbrome que acudín a unha asociación de emprego en Gondomar, A Pasaxe, onde me comentaron o dos servizos que se ofrecen aquí.

– Estás conforme cos servizos ou asesoramento recibidos?

Jairo: Sí, até o momento estou encantado.

– Recomendarías este servizo a algunha persoa do teu círculo máis preto?

Jairo: Se se dese o caso, por suposto que o recomendaría.

Atopa a Fenico nas redes:

A súa web
A súa páxina de Facebook
O seu instagram

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *