Entrevista realizada por Óscar Fernández Campos , do Programa de Emprego Maiv Garantía Xuvenil 20
Nesta ocasión tivemos a oportunidade de entrevistar a Andrés Eduardo Rodríguez Aranaga, unha parte dos tres socios que decidiron abrir Crudeza, un restaurante único sito no corazón de Vigo. Falamos do seu negocio e a súa aventura de emprender.
Como naceu o proxecto?
Andrés: O proxecto naceu en conxunto co meu cuñado, xa que el sempre traballou de cociñeiro (case 10 anos en Venezuela até que atopou traballo aquí en Galicia) e eu sempre me considerei emprendedor, polo que estudei Administración e Empresa.
Como definirias a actividade da vosa empresa?
Andrés: Basicamente nos adicaremos á hostalaría, pero coa diferencia de quebrar os patróns que se estableceron neste sector en Vigo, innovando con comida máis natural posible.
Como vos vedes en 3 anos?
Andrés: Primeiro manternos e logo intentar expandirnos e abrir un negocio na Coruña.
Imaxinastes que emprenderiades algunha vez?
Andrés: Si, de feito eu de pequeno comecei traballando en servizos de catering, e crecín nunha ferretería a cal acabei xestionando administrativamente, o que me motivou a facer o grao de administración.
Cal foi a maior dificultade á hora de emprender?
Andrés: Os trámites, impostos e toda a parte legal e administrativa.
Credes que ser novo beneficia ou prexudica á hora de emprender?
Andrés: Beneficia á hora de que a xente ten curiosidade por saber o que vas a ofrecer, e porque posúes dunha marxe de erro máis grande xa que, se caes, tes a oportunidade de levantarte con máis forzas. Pola contra, os contactos dos que dispoñes son limitados.
Que lle diriades a alguén que quere emprender?
Andrés: Que se ten unha idea, que vexa que é factible coa axuda dun DAFO para comezar e, despois de telo realizado, que saque conclusións e valore se é unha boa idea levala a cabo ou non.
Como coñecestes a MAIV?
Andrés: Por un amigo que me dixo que aquí facilitaban asesoramento e axuda en relación á parte administrativa.
Consideras que recibistes a axuda/asesoramento que precisabades?
Andrés: Sí, suficiente e con máis axuda da que pensababamos que nos ían a ofrecer. Eu cría que tan so nos ían aconsellar e atopámonos con que nos aconsellaron, produxéronnos e axudáronnos a levar a cabo a idea, polo que nos adiantaron moito camiño.
Recomendariades estes servizos?
Andrés: Claro, recomendariámolos porque é un impulso moi importante para o emprendedor, e resultan de moita axuda á hora de afrontar os trámites da legalidade do proxecto e os impostos asociados. Nós chegamos aquí sen saber como crear unha empresa e eles foron aportándonos tódolos pasos que tiñamos que ir dando para elaborala.