Establécense as bases reguladoras para a concesión de subvencións para investimentos en equipamentos poscovid para potenciar Galicia como destino turístico
As subvencións teñen por obxecto contribuír á mellora da calidade dos albergues turísticos mediante a realización de investimentos en dixitalización, eficiencia enerxética e mellora das instalacións e dos servizos. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Establécese o procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2022.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.
Establécense as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2022
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para o financiamento de actuacións en áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia