Se es autónomo ou tes unha pequena empresa, con máis de tres anos e medio de actividade, e estás pensando en facer melloras no local, comprar algún equipamento ou modernizar o teu negocio, xa podes beneficiarte do bono de persoas autónomas 2023. Bótalle unha ollada á última convocatoria.
Bótalle unha ollada ás últimas convocatorias dos programas de axudas a Pemes e autónomos da Cámara de Comercio 2023. Dende Emprendenarede, facémosche un resumo:
Queres darlle unha volta ao teu comercio? Con este programa podes incorporar as novas tecnoloxías para modernizar e diferenciar o teu negocio e ofrecer propostas interesantes aos teus clientes.
Xa podes solicitar a axuda do programa impacto autónomo. Este programa está dirixido a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.
Queres saber cal vai ser a túa cota de autónomo a partir do 1 de xaneiro? Xa o podes consultar no simulador da Tesorería General de la Seguridad Social (TGSS), e coñecer o novo sistema de cotización por rendementos netos que entra en funcionamento en xaneiro 2023.