FRANQUIATLÁNTICO & EMPRENDEDOR 2025

O próximo 13 de marzo, a Sede do Consorcio Zona Franca de Vigo acollerá a XXV edición do SALON FRANQUIATLÁNTICO & EMPRENDEDOR, un evento imprescindible para aqueles que buscan emprender, investir ou expandirse no mundo de las franquías, principalmente.

Data e horario: 13 de marzo de 2025, de 10:00 a 18:00 horas.

Lugar: Sede CZFV, con acceso pola Rúa Oporto, nº 1 –  Vigo.

O salón Franquiatlántico  consolídase, despois de todos estes anos, como un punto de encontro de referencia para emprendedores e inversores interesados no mundo das franquías.

O evento ofrece unha oportunidade para actualizarse  sobre as últimas tendencias do sector, establecer contactos clave e descubrir novas oportunidades de negocios. Ademais de visitar a  zona de exposicións, os asistentes poderán  asistir a  conferencias e debates de expertos, así como coñecer casos de éxito inspiradores.

A quen vai dirixido?

Este foro de negocios está deseñado para un público amplo, incluíndo:
–  Emprendedores, que busquen iniciar ou expandir o seu negocio.
– Inversores, interesados no sector  das franquías.
–  Franquiciados e futuros franquiciados, que desexen explorar novas oportunidades.
–  Estudantes e directivos de empresas en busca de crecemento e novas estratexias.

Que vas a atopar?

Zona de exposición con máis de 40 puntos informativos das diferentes empresa e organizacións participantes que darán asesoramento sobre franquías, recursos para emprender, etc.
Foro «Emprender con Éxito», no que expertos e empresas participantes tratarán temas de interese para as persoas emprendedoras.
Espazos de networking para xerar negocios e relacións profesionais.

En definitiva, FRANQUIATLÁNTICO & EMPRENDEDOR é unha cita imprescindible para as persoas emprendedoras que estean interesadas en investir en negocios que ofrecen un modelo de éxito xa probado.  Non o perdas,  activa a túa invitación aquí e estarás informado de todas as novidades.

Máis información: https://franquiatlantico.com/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *