Impulsar proxectos empresariais innovadores é o obxectivo que busca a aceleradora ViaGalicia, un programa promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia que vai xa pola súa sétima edición e que nas edicións anteriores apoiou un total de 78 proxectos de emprendemento.
Baixo a supervisión dun equipo de expertos, combina formación, tutorización, asesoramento especializado, mentoring, espazo de traballo e financiamento para validar as propostas de negocio e axudar ao despegue, crecemento e consolidación das iniciativas empresariais.
Para esta edición seleccionaranse un total e 40 proxectos (20 na sede de Lugo e 20 na sede de Vigo) para a fase primeira fase, de formación ou pre-aceleración.
Beneficiarios
Emprendedores e empresas de calquera sector produtivo que teñan unha proxecto innovador, invertible, acelerable e relevante en calquera das súas fases.
Os requisitos que deben cumprir para acceder ao programa son os seguintes:
- O equipo promotor da iniciativa emprendedora deberá estar formado por un mínimo dúas persoas.
- Todos os membros do equipo deberán ser maiores de idade.
- Cada participante poderá participar en cantas candidaturas estime oportuno, coa limitación de que só optará á elixibilidade dunha única candidatura.
- Tratándose dunha empresa constituída, ter unha antigüidade máxima de 5 anos (7 anos, no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía, industriais e outros sectores estratéxicos ou que desenvolvesen tecnoloxía propia).
- As persoas promotoras deberán ser autores intelectuais das ideas que presentan ou dispoñer dos permisos correspondentes.
Fase de pre-aceleración
Os 40 proxectos pre-seleccionados entrarán no “Programa de Capacitación ou pre-aceleración” da Academia, que se desenvolverá nun máximo de 7 fins de semana (en xornada de venres pla tarde e sábados de mañá). Este programa inclúe sesións de formación e networking, traballo individualizado cos titores e sesións de presentación do proxecto.
Para pasar á fase de aceleración será necesario que asistan polo menos 2 membros do equipo ao 80% das sesións.
Fase de aceleración e apoios económicos
Os proxectos que superen a a fase de pre-aceleración na Academia presentarán o seu proxecto ante o Comité Técnico e as Entidades colaboradoras nunha xornada de presentación ou “Demo Day”, da que se seleccionarán un máximo de 15 proxectos aos que se lle fará unha invitación formal para incorporase á Aceleradora do Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) e participar nun Programa de Alto Rendemento de 9 meses de duración.
Os proxectos aprobados que se incorporen á Aceleradora, tamén terán:
- Unha subvención a fondo perdido de ata 25.000 euros para o financiamento dos gastos do arranque da empresa.
- A posibilidade de financiamento a través de Vigo Activo ou a través de XesGalicia, no caso de que se considere “proxecto con alto potencial de crecemento e escalabilidade».
Prazo
O prazo para presentar as propostas rematará o 31 DE XANEIRO DE 2023.
Máis información
Para máis información, consulta as bases da convocatoria https://www.zfv.es/viagalicia/downloads/bases-viagalicia-2022-v2-es.pdf e a páxina web ViaGalicia.