PREMIOS DO COMERCIO GALEGO 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca os Premios do Comercio Galego 2025, destinados a recoñecer a excelencia, a innovación e a sustentabilidade no sector comercial.

O obxecto desta convocatoria é establecer as bases que rexen os Premios do Comercio Galego 2025 e recoñecer o labor dos/das profesionais do sector comercial, contribuíndo á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas.

Os premios son:

  • Premio Comercio Galego 2025
  • Premio Comercio Traxectoria 2025
  • Premio Comercio Emprende 2025
  • Premio Comercio Dinamización 2025
  • Premio Comercio Sostible 2025

Beneficiarios

Segundo o premio: 

  • Premio Comercio Galego 2025: Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
  • Premio Comercio Traxectoria 2025: Comerciantes retallistas en Galicia con antigüidade mínima de 30 anos no mesmo comercio.
  • Premio Comercio Emprende 2025: Comerciantes retallistas en Galicia con antigüidade entre 2 e 4 anos.
  • Premio Comercio Dinamización 2025: Asociacións e federacións de comerciantes retallistas ou asociacións de vendedores/as de prazas de abastos sen ánimo de lucro en Galicia.
  • Premio Comercio Sostible 2025: Comerciantes retallistas en Galicia e as asociacións/federacións anteriores, sempre que promovan iniciativas de consumo sustentable.  

Requisitos adicionais:

  • Desenvolver a actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Achegar unha memoria explicativa dos aspectos que fundamentan a candidatura, fotografías do establecemento (para comerciantes) e para asociacións/federacións o acta e estatutos de constitución.

Exclusións:
Cada persoa ou entidade pode optar a unha ou varias categorías, pero non se pode recibir máis dun premio por candidato/a. 

Criterios de valoración

CategoríaPuntos Criterios de valoración
Premio Comercio Galego 202560 Identidade de marca comercial (20 p.)Modelo de xestión comercial (20 p.)Transición sustentable (20 p.)
Premio Comercio Traxectoria 202580 Traxectoria comercial (20 p.)Identidade de marca comercial (20 p.)Modelo de xestión comercial (20 p.)Transición sustentable (20 p.)
Premio Comercio Emprende 202560 Identidade de marca comercial (20 p.)Modelo de xestión comercial (20 p.)Transición sustentable (20 p.)
Premio Comercio Dinamización 202520 Campañas de dinamización e fidelización (20 p.)
Premio Comercio Sostible 202540 Fomento do consumo sustentable e responsable (20 p.)Campañas de dinamización e fidelización (20 p.)

Contía 

A dotación global dos premios é de 19.000 €, repartidos da seguinte forma: 

  • Premio Comercio Galego: 5.000 €
  • Premio Comercio Traxectoria: 3.000 €
  • Premio Comercio Emprende: 3.000 €
  • Premio Comercio Dinamización: 5.000 €
  • Premio Comercio Sostible: 3.000 €

Prazo 

O prazo comeza o 27 de agosto de 2025 e remata o 26 de setembro de 2025.

Máis información

Consulta a ORDE do 18 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio galego 2025 (código de procedemento IN214C).

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento IN214C

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *