PREMIOS Á COOPERACIÓN 2023 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR802Q)

Tes un proxecto cooperativo ou formas parte dunha cooperativa? Toma nota porque está aberto o prazo para participar nos premios á cooperación 2023 que recompensarán os valores e o esforzo deste tipo de iniciativas na Comunidade autónoma galega.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade propúxose recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando e considerou adecuado instituír con periodicidade anual os premios á cooperación.

Natureza dos premios

Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente a labor que as cooperativas veñen realizando en prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Entidades Destinatarias

Cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Requisitos

  • Estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
  • Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultasen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.

Outorgaranse os seguintes premios

  • Premio aos valores cooperativos: á cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.
  • Premio ao mellor proxecto cooperativo novo:  á cooperativa galega que  teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
  •  Premio á traxectoria cooperativa: á cooperativa galega que teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Contía dos Premios

  • Premio aos valores cooperativos:  5.000 euros
  • Premio ao mellor proxecto cooperativo novo:  5.000 euros.
  • Premio á traxectoria cooperativa:  5.000 euros

Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Datos identificadores da cooperativa.
  • Memoria explicativa dos méritos que distinguen a candidatura.
  • Documentación xustificativa dos méritos alegados en formato texto, vídeo, fotografía, etc.
  • Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.

Lugar e forma de presentación de solicitudes

Os premios concederanse por concorrencia competitiva

A través da sede electrónica (código de procedemento TR802Q).

Prazo

Ata o 28 de abril de 2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR802Q).

Acceder ao procedemento TR802Q.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *