I PREMIOS TURISMO SOSTIBLE DE PONTEVEDRA

Traballas no sector turístico? Participa nos I Premios de turismo de sostenibilidade organizados pola Deputación de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra e o Servizo de Turismo Rías Baixas, outorgará tres recoñecementos públicos dirixidos a profesionais, autónomos e entidades (públicas como privadas), do sector turístico da provincia de Pontevedra co obxectivo de promover un turismo sostible.

Así mesmo, contribúen ao impulso de modelos sostibles no sector, identificando entidades e profesionais que transformen e contribúan a mellorar a oferta turística na provincia. Ademais, os Premios Turismo Sostible dan resposta ás inquietudes do turista responsable e conciencian aos viaxeiros sobre o potencial de cambio e inclusión que supón facer turismo de maneira sostible.

Con estes premios preténdese:

  • Recoñecer as actuacións de sustentabilidade destacables das empresas e entidades da provincia de Pontevedra.
  • Distinguir as mellores actuacións ligadas á sustentabilidade.
  • Sensibilizar ao sector turístico e aos visitantes da necesidade das actuacións sostibles.
  • Concienciar ás empresas, entidades e persoas da importancia de incidir nun cambio de actitudes Sociais.
  • Identificar actitudes e accións que poden servir de exemplo a seguir para o resto de empresas.
  • Premiar a aquelas empresas e entidades vinculadas ao mundo do turismo que estén realizando boas prácticas neste ámbito.
Natureza dos premios 

Os Premios teñen carácter honorífico, recoñecen o traballo e o esforzo realizados no período que abarca do 1 xaneiro de 2019 ao 31 de decembro de 2022, en favor do turismo sostible,  difundindo as entidades premiadas, a través do portal web Turismo Rías Baixas, lugar onde se habilitará un espazo de recoñecemento e difusión das actuacións premiadas cada ano. Tamén, habilita ao premiado a usar a imaxe do mesmo mediante publicidade de tal condición en membretes, anuncios e memorias; así coma en calquera outro soporte de comunicación on e offline, mensaxes de correo electrónico, redes sociais ou en páxinas web propias, especificando a modalidade do premio obtido, así coma o ano da súa concesión.

Lugar e forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible na sede electrónica: Solicitude de participación nos Premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra

Soamente  admitiráse unha solicitude por cada entidade solicitante.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 03 de Febreiro do 2023.

Máis información

Consulta as BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DOS “I PREMIOS TURISMO SOSTIBLE PROVINCIA DE PONTEVEDRA”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *