I MERCADO DE OPORTUNIDADES E SEGUNDA MAN PRIMAVERA 2025 EN SOUTOMAIOR

Un mercado para darlle aos produtos unha segunda vida chega a Soutomaior. O Concello organiza o I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, unha cita para fomentar a reutilización, o comercio local e a creatividade, que terá lugar o 18 de maio na Alameda de Talo Río.

A celebración do I Mercado de Oportunidades e Segunda Man – Primavera 2025  de Soutomaior busca ser un punto de encontro para a economía circular e o comercio local, co fin de promover a reutilización de produtos e o consumo responsable, contribuíndo así á sustentabilidade e á dinamización económica deste municipio. Poderán participar comercios, artesáns e particulares.

Se tes produtos de segunda man ou doutras tempadas para vender e queres participar neste mercado, xa tes o prazo aberto. 

Quen pode participar

Pódense inscribir para vender produtos: 

  • Comercios locais.
  • Artesáns.
  • Persoas que desexen vender outros accesorios de segunda man para darlles unha nova vida.  

Organización

Data: O mercado terá lugar o 18 de maio de 2025

Horario do mercado: de 11.00 a 20.00 horas

Lugar: Alameda Talo Río. Arcade (Soutomaior)

O Concello porá a disposición das persoas participantes mesas para colocar os produtos. As persoas deberán adaptarse á distribución e mobiliario que se lles adxudique, tendo en conta que a exposición dos produtos será en mesas. 

Os prezos que se fixen deben ser acordes ao tipo de produtos e á filosofía deste mercado de oportunidades e de segunda man.

Solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de participación na sede electrónica do Concello de Soutomaior (https://soutomaior.sedelectronica.es/)  completando o ANEXO 1_solicitude de participación, acompañando do DNI da solicitante ou representante.

Prazo 

As solicitudes poderán presentarse ata o 14 de maio.

Máis información

Acceder ao procedemento de tramitación na sede electrónica: https://soutomaior.sedelectronica.es/info.

Tel. do concello: 986 705 106

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *