FRANQUIATLÁNTICO, XXIII EDICIÓN FRANQUÍAS E NEGOCIOS

Se che interesa coñecer as últimas novidades e obter información sobre as franquías de diferentes sectores económicos, asiste de forma gratuíta á feira FranquiAtlántico & Salón Emprendedor VIGO 2024.

FranquiAtlántico & Negocios Salón Emprendedor celebra a súa XXIV edición no Consorcio da Zona Franca en Vigo.

Trátase dun evento de referencia no noroeste peninsular ao redor das franquías, ao que podes acudir de forma gratuíta, nun formato áxil, creado e orientado aos negocios, nun entorno profesional.

ACTIVIDADES

Zona de exposicións: As entidades asistentes contan con puntos informativos, nos cales poderás asesorarte e solicitar información a cerca das franquías. A feira contará con máis de 40 empresas participantes.

Foro Emprende: Poderás coñecer as empresas dos sectores emerxentes no sector dos negocios na franquía e formar parte dun foro no que as entidades colaboradoras farán unha breve presentación na área do emprendemento.

LUGAR E DATA

O evento terá lugar o día 22 de febreiro, de 10:00 a 18:00 horas.

Dirección: Rúa Oporto 1, Vigo

Se desexas acudir ao evento activa a túa invitación nesta ligazón. Tamén poderás obter máis información na seguinte páxina web.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *