Se a tua resposta foi si, é porque estás preparada para emprender e por iso dende emprendenarede recomendámosche este curso totalmente de balde, da Escola de Emprendedoras Juana Millán.
A Escola de Emprendedoras Juana Millán ofrece un curso telepresencial con acompañamento titorizado e asesoramento personalizado dende o minuto un, que te guiará para que lle des forma e poñas en marcha o teu proxecto. Ademais de ter un titor personalizado tamén contarás con sesións formativas, prácticas e participativas.
Os temas que se abordan nesta formación son:
- M1. Emprender con perspectiva de xénero. Cales son as nosas motivacións para emprender? Como é o emprendemento das mulleres?
- M2. Análise da realidade e estudo de mercado. Como sei se hai un mercado para min? Como estudar este mercado antes de lanzarme?
- M3. Deseño do modelo de negocio. Como se traduce a miña idea nun negocio? Cal é o valor que ofrezo? Que diferentes modelos poden existir para unha mesma actividade.
- M4. Estratexia de comunicación e márketing. Como chego á miña clientela? Como consigo que me compren ou contraten os meus servizos?
- M5. Ecosistemas e equipos. Análise de formas xurídicas. Como organizo o meu traballo? Como establecer relacións de colaboración? Cal é a fórmula xurídica que encaixa co meu proxecto?
- M6. Viabilidade e sustentabilidade económicas. Planificar a economía. É viable o meu proxecto en termos económicos? Como consigo a sustentabilidade económica? Como tomo en conta os investimentos, os custos, os ingresos e todo o que ten relación cos números?
- M7. Plan de empresa. Análise e visibilidade do impacto.Como ordeno todas as pezas nun plan coherente? E como consigo que o meu proxecto, ademais de ser economicamente sostible, achegue un valor social e ambiental? Como podo ser parte das economías transformadoras.
Proceso de selección
- Período de pre-inscricións: ata o 30 de decembro de 2022.
- Entrevistas persoais a persoas pre-seleccionadas: ata o 5 de xaneiro de 2023.
- Comunicación selección definitiva de participantes: 9 de xaneiro de 2023.
Duración e prazos
Sesións formativas: luns, mércores e xoves, do 16 de xaneiro ao 24 de abril de 2023.
- Luns, de 10:00 a 13:00 horas
- Mércores, de 10:00 a 12:00 horas
- Xoves, de 10:00 a 12:00 horas.
Máis información
Se desexas apuntarte a este curso podes facelo a través da páxina oficial da Escola de Emprendedoras Juana Millán ou na seguinte ligazón: