A nova Lei de Autónomos trae consigo varios cambios mais debemos estar atentos a cales entran en vigor xa e cales a partir do 2018.
Velaquí tedes algúns dos cambios máis importantes. Máis información aquí.
MEDIDAS EN MATERIA DE COTIZACIÓN:
Tarifa plana
Ampliación temporal da tarifa plana de 50€. Esta tarifa só se aplicaba durante os 6 primeros meses e agora pasará a ter unha duración de 12 meses. Ademais, poden acollerse a ela quen se de de alta por primeira vez ou non estiveran de alta nos dous anos inmediatamente anteriores, mentres que ata agora esixíanse 5 anos sen alta. Para altas a partir de xaneiro de 2018.
Pluriactividade
A nova lei establece diversas regras en relación co réxime de pluriactividade para autónomos que cotizan tamén en réxime xeral por outro traballo; neste caso establécese que se reintegrará un 50% do exceso no que as cotizacións superen a contía que a tal efecto estableza a LXOE de cada ano, co tope do 50% da cotización que por continxencias comúns cotízase no réxime especial de autónomos. O reintegro efectuarase en condicións normais antes do 1 de maio do exercicio seguinte a aquel en que se produciu o exceso de cotización e producirase de oficio sen necesidade de petición do interesado.
Cambio de cotización
A modificación permite ao traballador autónomo optar por unha base entre a mínima e a máxima, salvo as excepcións xa coñecidas, pero permitíndolles cambiar a base elixida ata catro veces ao ano (fronte ás dúas precedentes). Agora poderá facer o cambio de base nos seguintes períodos: entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo, con efectos de 1 de abril; entre o 1 de abril e o 30 de xuño, con efectos de 1 de xullo; entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, con efectos de 1 de outubro; e entre o 1 de outubro e o 31 de decembro con efectos de 1 de xaneiro do ano seguinte. O cambio de base non require causa algunha, é unha decisión libre do autónomo e permítelle adaptar mellor a súa base de cotización aos seus ingresos, sen vincularlle por períodos longos, só durante tres meses.
MEDIDAS EN MATERIA DE CONCILIACIÓN DE VIDA FAMILIAR E LABORAL
Bonificacións por coidado de fillos
Ampliación das bonificacións por coidado dun fillo ata os doce anos de idade. A bonificación na cotización do 100% da cota por continxencias comúns, aplicada agora sobre a base media dos doce meses anteriores, bonificación que pode durar ata 12 meses, aplicarase polo coidado de fillos menores de doce anos (anteriormente era só por coidado de fillos menores de 7 anos).
Conciliación familiar
Reincorporacións tras a maternidade, adopción ou garda: as traballadoras por conta propia que cesaron a súa actividade por maternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollida e tutela e que se reincorporen á actividade nos dous anos seguintes ao cese, terán unha bonificación na cotización durante doce meses. A cota por continxencias comúns será de 50 euros (tarifa plana) sempre que coticen pola base mínima ou, se cotizan por unha base superior, a bonificación será do 80% da cota por continxencias comúns. Para calculala aplicarase o tipo mínimo vixente á base mínima vixente.
Compatibilidades
Créanse compatibilidades entre a pensión de xubilación e o traballo do autónomo con traballadores e compromiso de estudo da extensión a outros supostos. Declárase compatible o 100% da pensión de xubilación coa actividade por conta propia se se acredita ter contratado polo menos un traballador, facilitando así a continuidade desta actividade e evitando no seu caso o cese dos empregados.
Contratación de familiares
Se permite en ciertos supuestos la contratación de hijos con discapacidad que causen alta por vez primera vez como trabajadores por cuenta ajena de los hijos menores de 30 años o mayores con especiales dificultades con un grado de discapacidad superior al 33%, o con discapacidades físicas o sensorial que generen un grado de discapacidad igual o superior al 65%; ahora se admiten también esas discapacidades entre el 33 y el 65% siempre que se trate de un hijo que cause alta por vez primera en el sistema de seguridad social.
Fiscalidade
Deducións por suministros de auga, gas, electricidade e outras. Incorpóranse novos gastos deducibles cando o autónomo usa parcialmente a súa vivenda para a súa actividade: unha porcentaxe do 30% á proporción existente entre os metros destinados á actividade e vivenda, agás que se probe outra porcentaxe inferior ou superior, aos gastos de auga, electricidade, gas, telefonía e Internet.
Tamén os gastos de manutención que quedan asimilados ao réxime xeral previsto para as dietas e gastos de manutención dos traballadores por conta allea, sempre que sexan causados con motivo da actividade e se paguen mediante medios electrónicos. Os autónomos poderán deducirse dietas por valor de ata 26 euros ao día. Iso si, deberase xustificar con facturas e realizar o pago unicamente por medios electrónicos.
É importante destacar que non todas as medidas incluidas na nova Lei de Autónomos entran en vigor de inmediato. Algunhas delas farano a partir do 2018.