A Tesorería General de la Seguridad Social (TGSS) pon en marcha un simulador informativo para que as persoas traballadoras autónomas calculen a cota que lles pode corresponder co novo sistema de cotización por rendimentos netos. Para estimar a cota débese indicar o tramo no que se atopan os rendementos que se esperan obter. O simulador mostra a tarifa mínima e máxima para cada sección correspondente.
Así mesmo, detállase o desglose das cotizacións (continxencias comúns, continxencias profesionais, cesamento de actividade e formación profesional) e a base de cotización.
Tamén póderás coñecer as prestacións ás que se ten dereito, cuxa contía está vinculada á base de cotización de cada traballador.
Novo sistema cotización 2023
Os próximos tres anos, implantarase progresivamente un sistema de 15 tramos que determinan as bases e niveis de cotización en función da renda neta por ingresos reais que rematará como moi tarde, en nove anos.
Isto posibilita un sistema que permite aos autónomos modificar a súa cota en función da súa previsión de ingresos netos (descontando os custos de realización da súa actividade) ata seis veces ao ano. Ao final do exercicio e unha vez coñecidos os ingresos netos anuais, as cotizacións regularizaranse, reintegrándose ou reclamando fraccionamentos no caso de que o tramo final de ingresos netos sexa inferior ou superior ao sinalado polas previsións durante o exercicio.
As persoas traballadoras autónomas acollidas á Tarifa Plana no ano 2022, continuarán coa mesma tarifa.
Mais información
Accede dende o enlace Simulador de cota de autónomo.