QUEN PODE SOLICITALO?
Pode solicitar o certificado calquier cidadán español ou extranxeiro, maior de idade ou menor emancipado, que dispoña de DNI ou NIE, segundo os requisitos aplicables a cada modalidade.
COMO PODO OBTELO?
Existen catro formas de obter o certificado:
- Video identificación
- Acreditación presencial nunha oficina.
- DNI electrónico (DNIe).
- Dispositivo móvil.
1. Vídeo identificación
O proceso consta de catro pasos que deben realizarse na seguinte orde:
- Instalar o software da FNMT.
- Solicitar o certificado por internet. Recibirás un código de solicitude por correo electrónico.
- Acreditar a identidade por vídeo identificación. Escanea co móvil o código QR que aparece en pantalla e segue as instrucións. É preciso dispoñer dun DNI electrónico vixente. O prezo do servizo de vídeo identificación é de 2,99 euros + impostos. O certificado non ten custe. Admítese pago con tarxetas de crédito/débito.
- Descargar o certificado. A FNMT revisará a identificación en aproximadamente 48 horas hábiles. Se se aproba, poderás descargar e instalar o certificado.
2. Acreditación presencial
O proceso consta de catro pasos que deben realizarse na seguinte orde:
- Instalar o software da FNMT.
- Solicitar o certificado por internet. Recibirás un código de solicitude por correo electrónico.
- Acreditar a identidade presencialmente. Acude a unha oficina autorizada, como as da AEAT e a Seguridade Social (con cita previa) o na Xunta de Galicia (sen necesidade de cita previa).
- Descargar o certificado. Unha vez acreditada a identidade, segue as instruccións da FNMT para descargalo e instalalo.
3. DNI Electrónico (DNIe)
Se dispós dun DNI electrónico válido , certificado dixital non revocado e clave de acceso, podes obter o certificado sen acudir a unha oficina. Precisarás un lector compatible ou un dispositivo que permita utilizar o DNIe.
O proceso consta de tres pasos que deben realizarse na seguinte orde:
- Instalar o software da FNMT.
- Solicitar o certificado utilizando o DNIe. Segue as instrucións de identificación e solicitude.
- Descargar o certificado. Utiliza o código de solicitude recibido por correo electrónico cando corresponda e segue as indicacións da FNMT.
Importante: Se utilizas un dispositivo Android con NFC como lector, a FNMT indica que debes utilizar o navegador Firefox.
6. Dispositivo Móvil
O proceso consta de catro pasos que deben realizarse na seguinte orde:
- Descargar a aplicación oficial da FNMT.
- Solicitar o certificado dende a aplicación.
- Acreditar a identidade. Mediante vídeo identificación, presencialmente nunha oficina autorizada ou con un DNIe vixente.
- Descargar o certificado dende a aplicación.
Importante: Se xa dispós dun certificado de persoa física da FNMT e solicitas outro mediante a aplicación móvil, o anterior revocarase automáticamente. Só podes dispoñer dun certificado de persoa física da FNMT vixente por ciudadán, aínda que podes instalalo nun ordenador e nun dispositivo móvil utilizando unha copia de seguridade.
RECOMENDACIÓN: Realiza unha copia de seguridade do certificado para poder instalalo noutros dispositivos ou recuperalo se fose preciso.

