FACENDA RETRASA VERIFACTU ATA OUTUBRO DE 2028

Facenda establece o novo prazo para a obrigatoriedade da implantación do sistema VERI*FACTU para as PEMES e autónomos.

Adíase ata 2028 a implantación obrigatoria do sistema VERI*FACTU

A Axencia Tributaria anunciou este luns, 5 de outubro, un novo adiamento na entrada en vigor do sistema VERI*FACTU, que se fixa agora en outubro de 2028. Inicialmente, estaba previsto que fose obrigatorio a partir do 1 de xaneiro de 2027 para as empresas declarantes do Imposto sobre Sociedades e a partir do 1 de xullo de 2027 para o resto de autónomos e empresas.

Esta decisión ten como principal obxectivo facer coincidir a súa implantación coa da factura electrónica obrigatoria para pemes e autónomos, co fin de evitar que teñan que adaptar os seus programas informáticos en varias fases consecutivas.

Ademais, Facenda busca adaptar o sistema español á iniciativa da Unión Europea, o proxecto ViDA, destinado a modernizar o sistema do IVE e a combater a fraude fiscal mediante a súa adaptación á economía dixital.

Segundo Facenda, manteranse as esixencias de integridade, trazabilidade, conservación e inalterabilidade das facturas.

Máis información

Consulta a Previsión de modificación dos prazos de aplicación das obrigas pendientes para os empresarios e profesionais derivadas do Regulamento de sistemas informáticos de facturación (Real Decreto 1007/2023) e converxencia co  sistema de factura electrónica.

Para calquera información a maiores sobre esta medida ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *