AXUDAS 2026 PARA A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS E DE RESTAURACIÓN

Se tes un aloxamento turístico ou de restauración en Galicia, estas axudas poden ser do teu interese. Serán subvencionables actuacións de mellora levadas a cabo polos establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues turísticos e restaurantes nas súas infraestruturas e instalacións.

Estas subvencións teñen por obxecto a mellora da calidade e a competitividade da oferta turística en Galicia mediante a incentivación  da mellora das infraestruturas e as instalacións dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da nosa Comunidade Autónoma (procedento TU503A).

Beneficiarios:

Pemes (persoas físicas e xurídicas) titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado o establecemento turístico para o que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

En concreto, considéranse establecementos turísticos os seguintes: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues turísticos e restaurantes debidamente inscritos no REAT.

Ademais, deberán acreditar unha antigüidade no exercicio da actividade non inferior a 5 anos dende a data de solicitude da axuda (tanto da actividade como do establecimento), considerando para o cálculo da antigüidade a data de inscrición no REAT.

Por último, será tamén requisito acreditar a propiedade dos inmobles e instalacións  obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria para a realización do investimento subvencionado e que permita a explotación do establecemento durante o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista (3 anos).

Accións subvencionables. Condicións:

As obras de mellora terán que ser iniciadas a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Poderán subvencionarse os seguintes investimentos:

  • Mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras para mellorar as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade (especialmente o Q de calidade Turística)
  • Actuacións de adaptación as modificacións normativas e a mellora da clasificación do establecemento que supoña un incremento de categoría.
  • Renovacións e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación. 
  • Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento.
  • Melloras da climatización que favorezan a sustentabilidade e a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  • Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento (neste caso, o investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto).
  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servicos.

O investimento neto (importe do orzamento unha vez deducido o IVE) máximo admitido será de 100.000 euros.

No caso de obras, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou certificado do concello que deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.

Serán gastos subvencionables aqueles vencellados coa execución do proxecto e tamén os servizos profesionais vinculados ao proxecto , como honorarios técnicos (sempre que sexan inferiores ao 6% do investimento neto admitido)  de redacción do proxecto e de dirección de obra.

Por outro lado, en ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

  • Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
  • Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, así como enxoval de cociña e comedor, enxoval das habitacións e baños, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.
  • Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintaría,…).
  • Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
  • Gastos de conectividade.
  • Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante
  • Os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.
  • Impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación e impostos persoais sobre a renda.

Criterios de valoración:

Os proxectos ou actuacións deberán ser técnica, económica e financeiramente viables, e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán por orde decrecente os seguintes:

  • Antigüidade segundo a data de incrición no no REAT. Máximo 28 puntos.
  • Impacto no emprego: Favorecerase o mantemento e a creación do emprego da empresa ou entidade solicitante durante o ano 2023. Máximo 10 puntos.
  • Tamaño da entidade ou empresa. Favoreceranse os proxectos das empresas ou entidades de menor tamaño. Máximo 20 puntos.
  • Que a empresa ou entidade estea en posesión dalgún certificado de calidade para o sector turístico referido ao establecemento para o cal se pide a axuda: 16 puntos.
  • Que a empresa ou entidade posean algunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida referida ao establecemento para o cal se pide a axuda: 16 puntos.
  • Que a empresa ou entidade teña implantado un plan de formación/plan de igualdade: 10 puntos.

Contía da axuda:

A subvención poderá ser de ata o 60 % sobre o orzamento de gastos subvencionables, cun importe máximo por entidade beneficiaria de 60.000 €. A porcentaxe da axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que acaden os proxectos presentados:

Puntos% axuda
80-10060%
60-7950%
40-5940%

Os proxectos que non acaden un mínimo de 40 puntos non obterán subvención. Se dúas ou mais solicitudes acadan igual puntuación e non existe crédito suficiente para atendelas a todas, priorizaranse aquelas solicitudes en que o establecemento para o cal se solicita a axuda sexa o de maior antigüidade.

Prazo de solicitudes:

Do 13 de marzo ao 13 de abril de 2024.

A ter en conta:

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade subvencionada e a súa actividade en Galicia durante un período mínimo de tres anos contados desde a data en que se produza a liquidación definitiva da subvención.

As persoas beneficiarias deberán publicitar o financiamento das actuacións, mediante a colocación dun cartel realizado en material resistente no cal figure a subvención da Xunta de Galicia, conforme ao modelo facilitado. Se o importe da actuación é superior a 20.000 euros, a placa informativa deberá manterse durante 5 anos.

A xustificación da subvención deberá presentarse, como data límite, o 3 de novembro de 2026.

Ao tratarse dunha axuda suxeita ao reglamento das axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir outras axudas baixo este réxime, non se supera o límite de 300.000 € durante os tres anos previos.

Máis información:

Consulta a RESOLUCIÓN de 23 de febrero de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de subvenciones para actuaciones de la mejora de las infraestructuras de los procedimientos turísticos de alojamiento y de restauración de la Comunidad Autónoma de Galicia y se anuncia su convocatoria para el año 2026.

Código de procedemento de tramitación: TU503A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *