AXUDAS ESTATAIS PARA A PRODUCCIÓN DE LONGAMETRAXES E DE CURTAMETRAXES

Se tes entre mans un proxecto de longametraxe ou curtametraxe e queres sacalo adiante con apoio público, esta é a túa axuda. O Ministerio de Cultura e Deporte pon en marcha unha liña de axudas estatais para apoiar a creación audiovisual con especial atención a obras con valor cultural, diversidade, accesibilidade ou dirixidas por mulleres.

O Ministerio de Cultura convoca, en réxime de concorrencia competitiva, a orde que regulará a concesión de axudas para o ano 2025 a proxectos cinematográficos, tanto as axudas selectivas e xerais para longametraxes como as destinadas á produción de curtametraxes, e inclúe novidades importantes pensadas para facilitar o acceso á produción profesional, promover a igualdade de oportunidades no sector e apoiar proxectos con dificultade de financiamento.

No caso das axudas destinadas á produción de curtametraxes, estes deberán estar xa realizados, non se subvencionarán curtametraxes en proxecto.

Beneficiarios  

Empresas produtoras de cine e audiovisual con sede ou establecemento permanente en España e agrupacións de produtoras (con representante ou xestora).

Só as produtoras que executen gasto poden ser beneficiarias.

Requisitos adicionais:

  • Estar inscrito no Rexistro Administrativo de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais
  • Ter dereitos de explotación da obra: Debes ser titular dos dereitos necesarios para distribuír e comercializar a película durante polo menos 3 anos desde que se cualifique a obra.
  • Cumprir coa normativa laboral e contractual. Estar ao día nos pagos ao persoal técnico, creativo e ás empresas técnicas da túa última película que tivera axuda pública.
  • Persoas con discapacidade: Para axudas a longas (xerais ou selectivas), debes ter contratada ou incorporar ao equipo unha persoa cun mínimo do 33 % de discapacidade recoñecida. (Isto non se aplica a proxectos documentais ou experimentais.)
  • Compromiso de accesibilidade: As películas deben ter subtitulado especial e audiodescrición (obrigatorio para longas).
  • Compromiso de produción en España. Polo menos o 50 % do orzamento da película ten que gastarse en España ou reverter en profesionais e servizos españois.
  • Certificado cultural (para longas). O proxecto debe ter interese cultural, e cumprir polo menos 2 criterios
  • Financiamento asegurado no momento da solicitude. Debes demostrar que tes unha parte do financiamento pechada (con contratos ou compromisos reais), segundo a porcentaxe esixida para cada tipo de axuda.
  • Limitacións por empresa. Unha mesma empresa ou grupo de empresas vinculadas non pode recibir máis do 10 % do total de fondos dispoñibles nun ano para unha liña de axuda.

Exclusións:

  • Produtoras non independentes con límites.
  • Se es unha produtora non independente, non podes ter máis do 60 % da titularidade da obra, nin actuar como representante/xestora dunha agrupación.
  • Incompatibilidade de coproducións internacionais.
  • Só pode pedir a axuda a produtora española (ou con sede permanente en España) e só pola parte española do proxecto. A parte estranxeira non entra.
  • Non se poden pedir dúas axudas para a mesma película no mesmo ano.
  • Se presentas un proxecto a axudas selectivas, non podes presentar ese mesmo proxecto ás xerais, nin viceversa .
  • Non se aplica a coproducións internacionais.
  • Empresas que non están ao día coas obrigas tributarias ou da Seguridade Social.
  • Empresas que xa foron penalizadas por outras axudas públicas
  • Quen estea sancionado por non cumprir normas, especialmente en igualdade.
  • Se non tes os dereitos de explotación ou non os tes por mínimo 3 anos.
  • Quen non ten os dereitos sobre a obra, Se non tes os dereitos de explotación ou non os tes por mínimo 3 anos.
  • Máximo 3 intentos co mesmo proxecto. Un proxecto só pode participar en 3 procedementos de selección (dentro da mesma liña de axuda) en anos distintos. Se non lle dan a axuda neses 3 intentos, xa non pode volver presentarse.

Actividades subvencionables

O que se pode financiar con esta axuda:

  • Produción de longametraxes sobre proxecto
    • Inclúe tanto as axudas xerais como as selectivas.
    • A película debe estar en fase de proxecto (é dicir, antes de cualificación final).
    • Pódese tratar de ficción, animación ou documental.
  • Produción de curtametraxes
    • Tanto se está en proxecto coma se xa está rematada.
    • Pódense presentar curtas de ficción, animación ou documental.
    • Inclúe curtas independentes ou parte dun proxecto máis grande.
  • Coproducións internacionais
    • Proxectos feitos xunto con empresas estranxeiras, sempre que a produtora española teña unha participación e sexa quen solicite a axuda.
    • A axuda só cobre a parte correspondente á participación española.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Gasto de desenvolvemento e preprodución: Guións (pagamento a autoras/autores), dirección artística, deseño de produción, casting, localizacións.

Gastos de produción e rodaxe: Contratación de persoal técnico e artístico, aluguer de equipos, escenografía, vestiario, maquillaxe, transporte e desprazamentos, aluguer de localizacións, e seguros de rodaxe.

Gastos de postprodución: Montaxe, corrección de cor, efectos especiais, son, música, locucións, mestura, subtitulación especial e audiodescrición (obrigatorios para as longas), laboratorio e copias mestres.

Gastos anteriores á solicitude (se están auditados): Pódense incluír algúns gastos feitos antes de pedir a axuda, sempre que estean ben xustificados e auditados (ex. desenvolvemento de guión, primeiros pagos de equipo, etc.).

Promoción e distribución: Gastos relacionados coa distribución da película poden contar como parte do financiamento do proxecto.

Capitalizacións: Pódese contar como parte do financiamento unha porcentaxe do orzamento achegada pola propia empresa (ata un 10 % nas axudas xerais, e ata un 5 % nas selectivas).

Importe das axudas

Distribución do crédito anual da liña de axudas:

Como mínimo, o 35% do crédito total anual reservarase para proxectos dirixidos exclusivamente por mulleres. Ademais, reservarase un mínimo do 8% do crédito para proxectos de animación.

Estas porcentaxes aplícanse sempre que os proxectos cumpran a puntuación mínima establecida na convocatoria. Se algunha destas partes reservadas (35% ou 8%) non se utiliza na súa totalidade, ese diñeiro será devolto á liña xeral para ser repartido entre outros proxectos.

Límites das axudas por proxecto:

A convocatoria establecerá un importe máximo que se poderá adxudicar a cada proxecto, que non poderá superar os 1.400.000 euros. Esta subvención máxima será dun máximo do 40% do custo da longametraxe recoñecida polo Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

Non obstante, esta porcentaxe do 40% pódese aumentar ata o 60% en casos especiais:

  • Para proxectos considerados “obras audiovisuais difíciles” segundo a definición legal.
  • Para proxectos incluídos nunha relación específica de obras, segundo a lei que regula as intensidades máximas de axuda.

Prazo 

O prazo de solicitudes está aberto ata o 19 de xuño do 2025.

Máis información

Consulta a: Orden CUD/582/2020, de 26 de junio, por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas estatales para la producción de largometrajes y de cortometrajes y regula la estructura del Registro Administrativo de Empresas Cinematográficas y Audiovisuales.

BDNS(Identif.): 832607

MODIFICACIÓN DA ORDEN:

Orden CLT/641/2025, de 17 de junio, por la que se modifican la Orden ECD/2784/2015, de 18 de diciembre, por la que se regula el reconocimiento del coste de una película y la Orden CUD/582/2020, de 26 de junio, por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas estatales para la producción de largometrajes y cortometrajes y regula la estructura del Registro Administrativo de Empresas Cinematográficas y Audiovisuales.

O contido deste resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *