SUBVENCIÓNS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO 2025

A Xunta de Galicia convoca esta liña de subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento (liña TR880) durante este ano 2025. Se a túa empresa iniciou a súa actividade a partir de 2023 e realizou ou vai realizar investimentos por un importe mínimo de 5.000 €, esta é a túa oportunidade para impulsar o teu proxecto.

Esta convocatoria de axudas está dirixida ás persoas autónomas e pequenas e medianas empresas (pemes) de recente constitución, coa finalidade de contribuír ao seu mantemento e consolidación. A través dela, poderanse subvencionar parcialmente os gastos de investimentos, que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial,  realizados e pagados dende o 1 de xullo de 2024 ata a data de presentación da solicitude.

Estas subvencións concédense en réxime de concorrencia NON competitiva. 

Beneficiarios  

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas as persoas autónomas, mutulistas ou PEMES (incluíndo cooperativas e sociedades laborais) que cumpran os seguintes  requisitos:

  • Ter domicilio fiscal en Galicia.
  • Terse constituítdo ou dado de alta e ter iniciado a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de solicitude de axuda.
  • Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro correspondente (no caso de sociedades e cooperativas).
  • Posuír  capacidade administrativa, financeira e operativa
  • Estar ao día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.
  • Non ter recibido esta axuda nas convocatorias de 2022, 2023 ou 2024.

Gastos subvencionables

Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2024 e a data de presentación da solicitude de axuda (os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos en propiedade). En concreto, admitiranse os seguintes investimentos:

  • Equipamento informático (excepto móbiles).
  • Activos intanxibles (software, páxinas web, licenzas, patentes…).
  • Investimentos en eficiencia enerxética e para a substitución de combustibles fósiles.
  • Bens de equipamento: maquinaria, mobiliario, ferramentas (excluídos vehículos, naves ou aeronaves).
  • Reforma e/ou habilitación do local (non se consideran obras no domicilio habitual), sempre que se presentara licenza de obras ou, se é o caso, comunicación previa.
  • Gastos notariais/ rexistrais (ata 300 €).
  • Gastos de alugueiro do inmoble no que se desenvolva a actividade (ata 1.500 €).
  • A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de segunda man (sempre que cumpran unhas condicións específicas).

Contía da axuda

  • Para proxectos cun investimento realizado comprendido entre 5.000 e 20.000 €, a axuda será dun 55 % sobre o investimento.
  • Para proxectos cun investimento realizado comprendido entre os 20.001 e 30.000 € , a axuda será dun 50 % sobre o investimento.
  • Para proxectos cun investimento de 30.001 ou máis e ata un límite de 60.000 € , a axuda será dun 45 % sobre o investimento.

A estas porcentaxes aplicaránselle un incremento dun 10 % se é por relevo xeracional (negocio xa viable con traspaso por xubilación ou causas similares) e no caso de ser beneficiario do Bono Remuda (TR353D).

Para o cálculo da contía do investimento NON se inclúen os gastos de alugueiro nin os gastos notariais ou rexistrais.

Prazo de solicitude

Do 21 de maio do 2025 ao 30 de xuño de 2025.

Incompatibilidades

Esta axuda non é compatible coas axudas para o impulso da innovación e sostibilidade  do comercio local e artesanal (CO300C).

Será compatible con outras axudas sempre que non se supere o 100% do investimento subvencionable.

Outra información importante a ter en conta

  • Estas axudas están sometidas ao réxime de mínimis
  • As axudas resolveranse en réxime de concorrencia competitiva, é dicir, por orde de presentación de solicitudes (considerando a data na que se teña presentado a documentación completa requirida nas bases, ata o esgotamento do crédito
  • Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria.
  • O investimento en bens que se inscriban nun rexistro público terá que ser mantido durante 5 anos dende a data de pagamento final á persoa beneficiaria. No resto do investimento, o prazo de permanencia será de 2 anos.
  • A persoa beneficiaria estará obrigada a manter a forma xurídica e a actividade, durante un prazo mínimo de 2 anos dende a resolución da concesión.
  • Como novidade desta convocatoria, xunto coa solicitude deberá presentarse unha reportaxe fotográfica dos investimentos realizados.
  • No suposto de terse realizado obras de reforma e/ou habilitación do local de negocio, deberá presentarse licenza de obras.
  • No suposto de gastos de alugamento do local, ademáis das facturas e xustificantes de pago, deberá achegarse tamén copia do contrato.

Máis información

Consulta a ORDE do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento TR880A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *