A finalidade deste programa (financiamento Igape-pemes) é facilitarlles o acceso ao crédito ás pequenas e medianas empresas de Galicia, mediante convenio suscrito entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas para así promover o seu desenvolvemento produtivo. Deste xeito, procúrase os seguintes aspectos:
- Facilitar o acceso ao financiamento.
- Promover o crecemento empresarial.
- Fomentar a competitividade.
- Impulsar garantías técnicas e comerciais.
- Fortalecer a colaboración público-privada.
BENEFICIARIOS
As persoas autónomas e as pequenas e medianas empresas (PEMES), ben sexan persoas físicas ou xurídicas que realicen a súa actividade empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.
MODALIDADES
1. Préstamos avalados para o crecemento das pemes (Reaval Crecemento), que ten por obxecto favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos.
Os requisitos e condición destes préstamos son os seguintes:
- Un mínimo do 40 % do seu principal será aplicado a financiar investimentos produtivos.
- Un máximo do 60 % poderá ser aplicado á cancelación de débedas con entidades financeiras non avaladas pola SGR.
- Importe do préstamo: entre 3.000 e 1.000.000 €.
- Prazo de amortización: entre 3 e 15 anos (máximo 2 anos de carencia).
- Tipo de xuro: fixo ou variable (máximo Euríbor + 1,80 puntos).
- Comisión aval SGR: máximo 1,25 % anual.
2. Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos (Reaval Garantías), que ten por obxecto favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros para algunha das operacións seguintes:
a) Avais financeiros para garantir obrigas derivadas de contratos de tráfico comercial, anticipos de contratos, entregas a conta para instalacións ou subministracións.
b) Avais non financeiros ante terceiros. Avais técnicos ante empresas privadas para garantir a boa execución de obras ou servizos.
c) Avais vinculados a licitacións internacionais. Avais en garantía de contratos no estranxeiro…
As liñas de financiamento acollidas a esta modalidade deberán ser novas e adicionais ás que a titular xa dispoña, excluíndose expresamente a substitución de liñas preexistentes coa mesma finalidade.
Neste caso, as condicións das operacións financeiras son as seguintes:
- Importe da liña de financiamento a avalar: entre 3.000 e 1.000.000 €,
- Prazo: de 3 a 5 anos.
- Comisión máxima de formalización da liña: 0,60% (podendo estipular a entidade bancaria unha comisión mínima de 30 euros).
TIPOS DE AXUDA
No caso da liña REAVAL CRECEMENTO, as axudas do IGAPE poderán ser:
- Bonificación do tipo de xuro de ata 1,80 puntos nos 3 primeiros anos.
- Bonificación da comisión do aval de ata 1,25 puntos nos 3 primeiros anos.
- Reaval de ata o 25 % do aval da SGR.
No caso da liña REAVAL GARANTÍAS, as axudas poderán ser:
- Bonificación do Igape de 1,25 puntos porcentuais da comisión de aval dos 3 primeiros anos de vixencia dos avais concedidos.
- Aval da SGR adherida ao convenio que, no caso de non intervención de entidade de crédito, será polo 100 % do risco.
- Reaval do Igape de ata o 25 % do risco.
PRAZO
Dende o 21 de xaneiro ás 9:00 h. ata o 30 de setembro ás 14:00 h.
MÁIS INFORMACIÓN
Acceder ao procedemento de tramitación:
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG535A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.