PONT-UP STORE

Volve unha nova edición de Pont-Up Store, o evento de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo que se desenvolverá en Pontevedra o 20 e 21 de setembro. Se iniciaches unha actividade emprendedora nos últimos 42 meses e buscas unha oportunidade para darte a coñecer nun espazo gratuíto, xa podes solicitar a túa participación, solicitando un stand ou formando parte de actividades orientadas a apoiar o emprendemento.

Pont-Up Store está aberto ao público en xeral, reunindo a miles de persoas (emprendedores, profesionais, estudantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación) que participarán nun extenso programa de charlas, mesas redondas, obradoiros, networkings,… Conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, entre outros.

A maiores das actividades que se desenvolverán para a cidadanía en xeral, Pont-up Store ofrecelle á posibilidade ás empresas recentemente creadas de promover a súa marca, buscar financiamento externo, posibilitar a venda dos seus productos ou servizos en stands gratuítos, contrastar ideas de mellora ou contar cun espazo de networking, a través de 3 modalidades de participación.

QUEN PODE PARTICIPAR NAS ACCIÓNS GRATUÍTAS DE PROMOCIÓN?

Os emprendementos (empresas) de menos de 3 anos e medio de antigüidade de calquera sector e actividade. O proxecto debe estar en activo, ofrecendo algún produto ou servizo no mercado.

QUE SERVIZOS SE PODEN SOLICITAR EN PONT-UP STORE?

Os emprendementos que cumpran os requisitos anteriores, poderán pedir a súa participación nalgunha das seguintes iniciativas:

  1. Solicitar un stand sen custe durante dous días para dar a coñecer o seu proxecto e/ou vender os seus produtos ou servizos.
  2. Formar parte do programa de actividades. As empresas poderán realizar algunha actividade demostrativa, propoñendo unha actividade relacionada coa súa empresa ou presentando o produto/servizo que ofrecen de forma dinámica. Neste caso, será a empresa participante a que propoña a actividade e leve os materiais necesarios.
  3. Participar no Pont-Up Venture, na que as startups máis innovadoras poderán presentar os seus proxectos/empresa ante mentores e inversores en 3 minutos de pitch + 3 minutos de preguntas do xurado.

SELECCIÓN DE CANDIDATURAS

A Xunta Directiva da Asociación Pont-UpStore será a encargada de realizar a selección de emprendementos, aplicando os seguintes criterios de valoración en relación ao grado de creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social do proxecto.

Tamén terase en conta positivamente:

  • A presentación de actividades demostrativas de calidade.
  • O envío de material adicional na candidatura que permita avaliar en máis detalle a candidatura.

Para a participación no Pont-Up Venture, seleccionaranse un máximo de 6 proxectos baseándose en criterios como:

  • Orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto.
  • Valor social do proxecto.
  • Sostibilidade.
  • Claridade e concreción.
  • Potencial impacto económico ou social.
  • Capacidade de desenvolvemento futuro.

En todos os casos, aplicaranse criterios que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade e forma xurídica da empresa.

Daráselle prioridade solicitudes que non participasen en anteriores ediciones do evento na misma modalidade.

A decisión do Comité Organizador farase pública o 22 de xullo de 2024.

Participa cumprimentando o formulario que podes encontrar nesta ligazón.

PRAZO PARA INSCRIBIRSE

Ata o 5 de xullo de 2024.

DATAS DO EVENTO

Días 20 e 21 de setembro, de 11 h. a 21 h.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información a cerca do evento e coñecer edicións anteriores visita a páxina de Pont-UpStore.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *