AXUDAS 2024 PARA EMPRESAS DE TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR

Esta liña de axudas está destinada ás pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura que realicen investimentos orientados ao fomento da calidade e o valor engadido de produtos e á mellora medioambiental, social e económica no sector do mar.

A Xunta de Galicia convoca axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a realizar investimentos por parte das pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a unha actividade sostible, socialmente responsable e competitiva. Estas axudas están cofinanciadas nun 70 % polo FEMPA en un 30 % polo Estado membro.

Os obxectivos destas axudas son, entre outros:

  • Fomentar a calidade e o valor engadido dos produtos.
  • Aumentar a eficiencia enerxética, reducir o impacto no ambiente ou melloren a mobilidade sostible.
  • Mellorar a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións do traballo.
  • Favorecer a economía circular mediante a prevención, a optimización de procesos, a minimización dos residuos…
  • Fomentar a transformación de produtos de acuicultura ecolóxica.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas físicas, xurídicas, pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, sempre que teñan a condición de peme e pertenzan ao sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

A TER EN CONTA

Os investimentos teranse que realizar nun centro localizado en Galicia.

No caso de investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos, a persoa beneficiaria deberá, durante os 5 anos seguintes ao pagamento final da axuda:

  • Non cesar nin transferir a actividade produtiva fóra de Galicia.
  • Non cambiar a propiedade de ningún elemento de infraestrutura.
  • Non producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións da execución da operación.

No suposto de adquisición e construción de bens inventariables, o período durante o cal a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención non poderá ser inferior a 5 anos.

INVESTIMENTOS E GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Os investimentos que acaden a finalidade obxecto de subvención.
  • O gasto derivado da certificación ou da elaboración do informe dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 €, así como os custos que resulten dos proxectos e asesoramentos necesarios para acometer o investimento produtivo obxecto de financiamento.
  • De ser o caso, os gastos dos proxectos técnicos, que non poderán superar o límite do 12 % do investimento máximo subvencionable.

Para a xustificación material e documental dos investimentos será o 30 de outubro de 2024 para a primeira anualidade e o 30 de outubro de 2025 para a segunda.

Non serán subvencionables:

  • O IVE non outros impostos recuperables.
  • As transferencias de propiedade dunha empresa.
  • Os gastos de reposición de elementos, infraestruturas, instalación e equipamentos.
  • As adquisicións de elementos, infraestruturas, instalación e equipamentos de segundo uso e posteriores.
  • A adquisición de terreos por un custo superior ao 10 % do total do gasto subvencionable da operación. No caso de zonas abandonadas ou cun pasado industrial este límite aumenta ata o 15 %.
  • A compra de edificios ou locais se estes foron subvencionados nos últimos 10 anos.
  • As obras vinculadas co proxecto de investimento: vivendas, comedores, equipamentos de recreo…
  • A urbanización que non estea relacionada coa actividade do proxecto que se pretende financiar.
  • A adquisición de elementos e todo tipo de bens que non sexan pagados por transferencia bancaria ou pagados mediante préstamos de entidades provedoras.
  • O custo de elementos de transporte que non estean directamente relacionados coa operación.
  • Os xuros da débeda.

No ámbito da innovación:

  • As adaptacións ás necesidades dun cliente específico que non representa características diferentes aos produtos fabricados por outros clientes.
  • Os cambios de deseño que non modifican a función ou as características técnicas do ben/servizo.
  • Sistemas de fabricación ou loxística similares aos xa en uso.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para avaliar as solicitudes utilizaranse 4 categorías de criterios de selección:

Xerais

  • A aplicación dos criterios xerais teñen carácter obrigatorio e servirán para determinar se unha operación é apta ou non para ser cofinanciada.
  • As solicitudes con puntuación menor ou igual a 4 puntos non serán subvencionables.
  • Este epígrafe terá un valor do 30 % do total dos criterios de selección.
  • A puntuación máxima posible para este criterio será de 10 puntos, segundo os seguintes aspectos:
    • Contribución á Estratexia, DAFO e tipo de actividade do programa: 0-6 ptos.
    • Adecuación á estratexia: 0-2 ptos.
    • Adecuación ao DAFO: 0-2 ptos.
    • Contribución a indicadores de resultado: 0-2 ptos.
    • Contribución a outros plans e programas: 0-2 ptos.

Horizontais ambientais e sociais

  • Este epígrafe terá un valor do 20 % do total dos criterios de selección.
  • A puntuación máxima posible para estes criterios será de 4 puntos, segundo os seguintes aspectos:
    • Aspectos ambientais: 0-2 ptos.
    • Aspectos sociais: 0-2 ptos.

Específicos de viabilidade técnica e/ou económico

  • Este epígrafe terá un valor do 20 % do total dos criterios de selección.
  • A puntuación máxima posible para estes criterios basearase nos seguintes aspectos:
    • Criterios de viabilidade técnica: 0-2 ptos.
    • Criterios económicos: 0-2 ptos.

Específicos polo tipo de actividade

  • Este epígrafe terá un valor do 30 % do total dos criterios de selección.
  • A puntuación máxima posible para estes criterios basearase nos seguintes aspectos:
    • Orixe da materia prima dos produtos transformados: 0-2 ptos.
    • Innovación, valor engadido e política de calidade: 0-2 ptos.

CONTÍA

A contía máxima da axudas será o 50 % do gasto máximo subvencionable.

Esta intensidade poderase incrementar ata o 100 % do importe subvencionable, sempre e cando concorran todos os criterios seguintes:

  • Ser de interese colectivo
  • Ter un beneficiario colectivo

Ter características innovadoras ou garantir o acceso do público aos seus resultados.

 O importe dos gastos subvencionables será o que e obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes técnicos emitidos.

PRAZO DE SOLICITUDE

Dende o 19 de xuño ata o 18 de xullo de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

ORDE do 6 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtospesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se convocan para o ano 2024

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: PE201B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *