KIT DIXITAL: INCREMENTO DE AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS E AMPLIACIÓN DE PRAZO

Modifícase a contía do bono kit dixital para empresas pertencentes ao segmento III (autónomos e microempresas) incrementando a súa contía máxima, de 2.000 € a 3.000 €, incorporando a posibilidade de incluír un dispositivo hardware (ordenador e monitor). Ademais, o prazo de presentación de solicitude amplíase ata o 31 de outubro de 2025.

A entidade  Red.es, adscrita ao Ministerio para a transformación dixital,  publicou unha modificación parcial desta convocatoria de axudas que eleva en 1.000 € a contía das axudas que poderán recibir as empresas pertencentes ao segmento III (autónomos e microempresas, que teñan entre 0 a 3 empregados) no marco do programa Kit dixital; é dicir, a contía máxima de axuda que era de 2.000 € pasará a ser agora de 3.000 €.

Este incremento ven como resultado da incorporación dunha nova categoría en relación aos conceptos que poden incluírse na subvención do KIT Dixital: a solución de “Posto de traballo seguro”. Esta nova solución busca fomentar a automatización das tarefas, a xestión eficiente dos datos e a comunicación fluído e inclúe un ordenador portátil ou de sobremesa con monitor. O obxecto é mellorar a competitividade e produtividade deste segmento, dándolle ferramentas para traballar nun entorno seguro.

Aquelas empresas do segmento III que xa foron beneficiarias as axudas do Kit Digital polo importe anterior de 2.000 euros, poderán solicitar, a partir do 14 de xuño de 2024,  os 1.000 euros adicionais da nova solución, mediante una declaración de conformidade a través do seu expediente na sede electrónica de Red.es (ou poñerse en contacto co axente dixitalizador co que contrataron os servizos do Kit dixital, para que os guíe na tramitación)

QUE É O POSTO DE TRABALLO SEGURO?

Esta solución, que proporciona un dispositivo hardware (ordenador portátil ou PC), obriga ás empresas a ter integrado unha licenza que cumpra cos requisitos establecidos para a categoría X de ciberseguridade, ademais dun encriptado ou cifrado para asegurar a privacidade dos datos e documentos almacenados no dispositivo.

A contía máxima subvencionable para este investimento será de 1.000 €, destinados á adquisición de ordenadores portátiles ou de sobremesa novos e á licenza requirida. Estes procesadores deberán cumprir uns requisitos mínimos: almacenamento, procesador, memoria RAM, sistema operativo…

Máis información sobre os requisitos mínimos neste enlace.

As empresas que soliciten a axuda deste segmento por primeira vez (que non foran beneficiarias con anterioridade do kit dixital) e que desexen implantar a solución de Posto de Traballo Seguro, deberán combinala con outra solución adicional das que inclúe o catálogo, é dicir, que non se pode solicitar unicamente esta solución e debe complementarase con algunha outra de entre as dispoñibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa.

No caso de novas solicitudes, para solicitar a axuda, as empresas deben rexistrarse na área privada de  https://www.acelerapyme.gob.es/gl/kit-digital, realizar o test de autodiagnóstico dixital e posteriormennte, solicitar a axuda na sede electrónica de Red.es (sede.red.gob.es)  sinalando as solucións de dixitalización que se van poñer en marcha. As empresas deberán poñerse en contacto cun axente dixitalizador que forme parte do catálogo de empresas dixitalizadoras (https://www.acelerapyme.gob.es/kit-digital/catalogo-digitalizadores), pois so poderá ser algunha das empresas que estean certificadas como “axente dixitalizador” as que presten os servizos/solucións a subvencionar.

A empresa beneficiaria e o Axente Dixitalizador Adherido deberán firmar electronicamente a proposta de Acordo de Presentación de Solucións de Dixitalización. O prazo máximo para a formalización dos Acordos de Presentación de Solucións de Dixitalización asociados ao Bono dixital por ambas partes será de 6 meses.

No caso da solución para a adquisición do ordenador (posto de traballo seguro), será tamén o axente dixitalizador o que proporcione o equipo, estando tamén obrigado a proporcionar un servizo de Mantemento e Soporte desde a entrega dos dispositivos ata a finalización da execución da fase 2.

Unha cousa importante a ter en conta é que o equipo proporcionado polo Axente Dixitalizador considérase en cesión, coa posibilidade de adquisición por parte do beneficiario, unha vez rematada a fase II do servizo (pasados12 meses), pagando o valor residual do equipamento. Para elo, o axente dixitalizador está obrigado a ofrecer a opción de compra e informar de cal sería ese valor de compra ao finalizar os 12 meses de prestación do servizo.Este importe deberá constar no Acordo de Prestación de Solucións de Dixitalización e como máximo será do 15 % do importe da solución).

Para as empresas do segmento III que xa pediran o KiT Dixital con anterioridade, poderán solicitar o incremento de 1.000 euros para a nova solución, entrando no seu expediente e seleccionando a opción específica que se habilitará a partir do 14 de xuño. Neste caso, a concesión será automática.

CATEGORÍAS DE SOLUCIÓNS DE DIXITALIZACIÓN

Recordamos, a continuación,  as categorías de solucións que se poden solicitar dentro do programa KIT DIXITAL (a nova categoría de posto de traballo seguro debe solicitarse asociada a algunha das outras disponibles):

I. Sitio web e presencia básica en internet.

II. Comercio electrónico.

III. Xestión de redes sociais.

IV. Xestión de clientes.

V. Business intelligence e analítica.

VI. Xestión de procesos.

VII. Xestión da facturación e factura electrónica.

VIII. Servizos e ferramentas de oficina virtual.

IX. Comunicacións seguras.

X. Ciberseguridade.

XI. Presencia avanzada en internet.

XII. Marketplace.

XIII. Servizo de Ciberseguridade Xestionada.

XIV. Xestión de clientes con IA asociada.

XV. Business Intelligence e analítica e IA asociada.

XVI. Xestión de procesos con IA asociada.

XVII. Posto de traballo seguro

PRAZO DE SOLICITUDE

Modifícase o prazo de presentación de solicitudes do Bono Kit Dixital, quedando ampliado ata o 31 de decembro de 2025 ás 11:00 horas.

As solicitudes para o segmento III recibidas a partir do 14 de xuño de 2024, a partir das 11:00 h recibirán a axuda de 3.000 €, sen prexuízo de que as solicitudes presentadas con anterioridade poidan optar á ampliación de 1.000 €.

MÁIS INFORMACIÓN

Extracto de la Resolución de 10 de junio de 2024 de la Dirección General de la Entidad Pública Empresarial Red.es por la que se modifica la convocatoria de las ayudas destinadas a la digitalización de empresas del Segmento III (entre 0 y menos de 3 empleados) en el marco de la Agenda España Digital 2026, el Plan de Digitalización PYMEs 2021-2025 y el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España -Financiado por la Unión Europea- NextGeneration EU (Programa Kit Digital).

Tamén podes acceder a máis información na páxina web da entidade impulsora do Programa Kit Dixital Red.es

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *