Nun panorama onde a presenza dixital é esencial, ofrecer servizos e produtos online é cada vez máis importante. O Programa Oficina Acelera Pyme da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa ten como obxectivo descifrar as potentes capacidades do Email Marketing profundando nas súas funcionalidades, a través dunha xornada na que se falará sobre como podes aproveitar esta potente ferramenta, sendo subvencionable a través do Kit dixital.
DIRIXIDA A
Empresas interesadas en dixitalización e público en xeral.
PROGRAMA DA XORNADA
A conferencia será en liña e abarcará os seguintes puntos:
- Introducción
- Categorías do kit dixital relacionadas coa temática da xornada
- Que é o eMAIL marketing
- Beneficios para o teu negocio
- Cando implementar o eMail Marketing
- Funcionalidades e operativa común a todas as solucións eMail Marketing coa xestión do teu negocio
- Demostración de uso
DATAS E HORARIO
Día 20 de xuño de 09:00 ás 11:00 horas.
MÁIS INFORMACIÓN
Para acceder a máis información do curso consulta a seguinteLIGAZÓN.