PROGRAMA PEME DIXITAL 2024

Aberta a convocatoria PEME dixital para a prestación de servicios de apoio a transformación dixital, así como para a concesión de axudas económicas ás pequenas e medianas empresas de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

OBXECTIVO

Este Programa da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa ten como obxectivo a incorporación sistemática das TIC á actividade habitual das pemes, integrando ferramentas competitivas claves na súa estratexia e maximizando as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa productividade e competitividade.

Accións de apoio directo:

  • Diagnóstico Asistido de TIC para a realización dun análise exhaustivo do nivel de dixitalización da empresa coa intención de coñecer o esquema e situación do nivel de competitividade da mesma no seu entorno económico e de mercado, así como identificar as súas necesidades tecnolóxicas. A través de este determinaranse unha serie de recomendacións para a implantacións de solucións pertencentes as tres líneas de actuación que contempla o Programa:
  • Utilización das TIC para a mellora da competitividade : ferramentas de productividade, ERP, CRM, cloud computing…
  • Comercio electrónico
  • Marketing dixital.
  • Axudas económicas para a implantación de solucións e melloras detectadas detalladas no Plan Personalizado de Implantación.

O prazo máximo para o desenvolvemento da fase de axudas é de 6 meses.

BENEFICIARIOS

Pemes da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que se encontran dadas de alta no Censo do IAE.

Requisitos:

  • Alta no Censo do IAE antes do 1 de Xaneiro de 2022.
  • Ter unha cifra de negocio mínima de 100.000€ na última anualidade.
  • Ter o seu domicilio social e/ou centro productivo en algún dos municipios da demarcanción da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de conformidade cos datos recollidos no censo.
  • Estar ao corrente das obrigacións tributarias e frente a seguridade social.
  • Cumprir a norma de minimis segundo a cal o importe total das axudas de minimis concedidas a empresa non será superior a 300.000 euros nos tres anos previos.
  • Poderán optar directamente a Fase de Implantación de Axudas as Pemes que xustificaran documentalmente a súa participación previa na Fase de Diagnóstico da convocatoria do programa TICCámaras da anualidade 2023 ou acrediten que participaron na anualidade anterior nun programa similar de asesoramento na incorporación das TIC nas Pemes , de organismos de promoción das CCAA, de organismos públicos nacionais, rexionais ou locais o de Cámaras de Comercio.

Exclusións:

  • Comunidades de bens e sociedades civis, así coma as unións temporais de empresas (UTE), asociacións, fundacións e en xeral as entidades sen ánimo de lucro.
  • Persoas en situación de autoemprego con consideración de autónomos societarios ou autónomos colaboradores.
  • Empresas que operen na producción primaria de productos agrícolas así como a producción primaria de productos da pesca e acuicultura.
  • Non poderán participar na fase I de diagnóstico aquelas empresas que realizaran dito diagnóstico na convocatoria do programa TIC Cámaras da anualidade 2023.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Gastos asociados á execución do Plan de Implantación por parte dos proveedores libremente seleccionados pola empresa beneficiaria.
  • Os beneficiarios non poderá contratar en ningún caso a execución do plan con empresas e/ou autónomos vinculados.
  • Para que as implantacións sexan subvencionables deberán de selo os gastos aos que se apliquen os fondos en términos establecidos na presente convocatoria e no Anexo V “Tipoloxía e Xustificación de Gastos elixibles” da mesma.
  • Todos os gastos deberán iniciarse, así como estar efectivamente finalizados e pagados, respetando as datas indicadas no Anexo Convenio DECA (“Plazo de Execución e condicións de elexibilidade de Gastos”) firmado coa Cámara de Comercio e contar sempre co visto bo da Cámara de Comercio que supervisará que se trate de prezos do mercado.
  • Costes indirectos a tipo fixo aplicando o porcentaje do 7% dos custos directos subvencionables asociados a execución do Plan de Implantación, correctamente xustificados.

CONTÍA

A contía máxima de axuda por empresa será do importe de 4.494 € sobre un presuposto máximo elexible de 7.490 €, que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER ao 60 %.

PRAZO

Dende o 4 de abril ata o 30 de abril do 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

Para acceder a máis información sobre estes Programas de Axudas consulta a seguinte LIGAZÓN.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *