O Programa da Obra Social “La Caixa” dispón dunha liña de financiamento dirixida a emprendedores, autónomos e microempresas de ata 9 empregados. O programa está financiado polo Fondo Europeo de Investimento (FEI) dentro do programa de garantía InvestEU, ao obxecto de axudar ao financiamento de investimentos produtivos.
Obxectivo
O obxectivo do programa é facilitarlle o acceso ao financiamento ás persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio viable, pero que teñan dificultades no acceso ao financiamento tradicional. Ademais, o programa ofrece titorización e acompañamento a posibles autónomos/as e traballadores/as por conta propia, a través das entidades colaboradoras.
Funcionamento do Programa
O programa desenvólvese en colaboración coas entidades colaboradoras(*) ou mentores, que serán as encargadas de guiarte no proceso, axudarche a elaborar o plan de empresa e o informe de viabilidade e apoiarte na presentación da documentación necesaria nunha oficina de CaixaBank.
(*) Na zona de Vigo, a entidade colaboradora con este tipo de Microcréditos é a FUNDACIÓN ÉRGUETE, a través do Punto de Autoemprego Incorpora.
Estes son os pasos a seguir:
- Acollida: Asesoramento aos futuros emprendedores a través dos programas de autoemprego.
- Preparación: Realización dun plan de negocio e un informe de viabilidade para a nova empresa a través da entidade colaboradora (en Vigo, contactar co PAI da Fundación Érguete).
- Presentar a solicitude do Microcrédito de Microbank nunha oficina de CaixaBank.
- Constitución: Acompañamento personalizado na formalización da empresa (análise de necesidades e riscos, búsqueda de financiación no territorio, etc) e no inicio da actividade.
- Consolidación: Unha vez creada a empresa, realizaranse visitas trimestrais para seguir asesorando e axudando ante calquera dificultade.
Condicións do Préstamo
- Importe máximo do préstamo: 30.000 € (no caso de ampliación de proxecto empresarial xa existente, o importe poderá chegar aos 50.000 €)
- Tipo de Interese a tipo fixo. Actualmente TAE 7,656%
- Amortización do préstamo: ata 6 anos.
- Financiamento: ata o 100 % do custo do proxecto ou investimento.
- Carencia de capital: ata 6 meses. Será opcional, sempre e cando entre a amortización e a carencia non se exceda dun máximo de 6 anos.
- Aval: Sen garantía real. No caso de persoas físicas, concédense coa garantía persoal sen necesidade de avais de terceiros. No caso de persoas xurídicas, co aval dos socios.
Requisitos
- Ser autónomo ou microempresa con ata 9 empregados e cunha facturación máxima de 2.000.000€
- Ter un plan de negocio e un informe de viabilidade en colaboración cunha das entidades colaboradoras de MicroBank.
- Presentar a documentación necesaria na oficina.
Prazo
Aberto de forma continuada.
Contacto
PUNTO AUTOEMPREGO INCORPORA. Fundación Érguete.
Persoa responsable: Marta Alonso Lorenzo
- Teléfono: 986 253 176
- Enderezo electrónico: erguete.pai@gmail.com
- Enderezo: Avenida Martínez Garrido 21, interior. VIGO
- Páxina web: Fundación Érguete.
Máis información
Para máis información, podes consultar a páxina web da Obra social “La Caixa”.