AXUDAS Á PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS 2024

Se estiveches vivindo no estranxeiro pero dende fai 2 anos ou menos decidiches retornar e queres emprender, xa podes solicitar a subvención para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia.

A finalidade desta convocatoria da Secretaría Xeral da Emigración é promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das personas emigrantes galegas retornadas.

Persoas Beneficiarias

As persoas beneficiarias serán aquelas persoas que conten con nacionalidade española pero vivan fóra de España e se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán beneficiarios:

  1. As persoas nadas en Galicia.
  2. Os/as cónxuges ou persoas cunha relación similar á conxugal, ademais dos descendentes por consaguinidade das persoas nadas en galicia.

Quedan excluídos os autónomos colaboradores

Requisitos

Os requisitos que deberán cumprir as persoas emprendedoras serán os seguintes:

  1. Acreditar ser unha persoa beneficiaria.
  2. Contar con nacionalidade española antes do retorno a España.
  3. Ter residido no estranxeiro e que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2022.
  4. Estar dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidad do colexio profesional, con anterioridade á presentación da solicitude.
  5. Exercer a súa actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
  6. Ter o seu domicilio fiscal en Galicia.
  7. Non haber percibido ningunha axuda nas anteriores convocatorias.
  8. Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007.

As persoas beneficiarias deberán estar de alta na SS como autónomos durante un prazo mínimo de 18 meses

Contía

A asignación do crédito realizarase por orde de presentación ata o esgotamento do crédito.

A contía da subvención será de 6.000 € para promover o autoemprego das persoas galegas retornadas. O importe da subvención incrementarase nas seguintes situacións:

  1. Que a persoa solicitante sexa muller: Un incremento de 1.000 €.
  2. Que o centro de traballo estea situado nun centro rural: Un incremento de 3.000 €.

O importe máximo da subvención será de 10.000 €.

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

Prazo

Desde o 3 febreiro ao 30 de setembro de 2024.

Documentación complementaria

  1. Documento  xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.
  2. Baixa consular, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, ou calquera outra documentación que acredite, de xeito fidedigno, a residencia no exterior e a data de retorno a España.
  3. Alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data en que tivo lugar a alta.
  4. Certificado do colexio profesional de data de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional, con indicación dos períodos de alta nela, se é o caso.
  5. Alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados/as tributarios/as da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037), no que debe figurar a data da alta, o domicilio fiscal e a localización do establecemento da actividade.
  6. Plan de negocio empresarial. Deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira.
  7. Cando a actividade se desenvolva a través dunha empresa, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención e deberán achegar:
  • Escritura pública de constitución da entidade ou contrato privado onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias, segundo o caso.
  • Inscrición da entidade no rexistro correspondente, se é o caso.
  • Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: PR937A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *