BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL 2024

Publicada a convocatoria de axudas do BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL para cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción ou centros especiais de emprego, para o financiamento de investimentos na transformación dixital, a mellora da eficiencia enerxética e o incremento da competitividade.

Persoas beneficiarias

Poderanse acoller ás subvencións as seguintes entidades da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego sempre que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  1. No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa Asemblea Xeral.
  1. Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data da solicitude, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Accións subvencionables

  1. Equipamento informático (En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones nin os recibos mensuais relativos a calquera servizo de conexión á internet).
  2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
  3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  4. Mellora na eficiencia enerxética.
  5. Adquisición de equipamento.
  6. Reforma do centro de traballo
  7. Mobiliario.
  8. Obtención de certificacións de calidade.
  9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  10. Plan de protección de datos.
  11. Elementos de transporte.
  12. Actividades formativas para persoas socias da entidade solicitante que estean dadas de alta no réxime RETA.

Obrigas das persoas beneficiarias

Entre as obrigas expostas nesta orde, destacamos:

  1. Manter durante un período de 2 anos, desde a data da resolución de concesión, unha forma xurídica de entre as elixibles para resultaren beneficiaria da subvención concedida, así como a actividade empresarial.
  2. Incorporar un rótulo visible ao público de tamaño mínimo A3 incluíndo o nome da entidade, o logotipo da Xunta de Galicia, o do SEPE e o do Ministerio de Traballo e Economía Social. No caso de adquisición de elementos de transporte afectos á actividade incorporarase a estes un rótulo cos mesmos requisitos indicados e cun tamaño proporcional ao do vehículo subvencionado. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o a axuda financeira recibida do SEPE. 

Contía

A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

  • 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos seguintes conceptos:

  1. Marketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  2. Obtención de certificacións de calidade.
  3. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  4. Plan de protección de datos.

  • 600 € para cada actividade formativa das incluídas no apartado anterior, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.

O límite máximo das axudas será de 30.000 € por cada entidade solicitante e serán outorgadas segundo a orde na que cheguen as solicitudes ata o seu esgotamento.

Os pagamentos serán anticipados, adiantando o 90% do importe da subvención concedida

Prazo

Desde o 25 de xaneiro  ata o 25 de marzo de 2024

Máis información

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024

Código de procedemento: TR802L

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *