Estas subvencións teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación da mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da nosa Comunidade Autónoma.
Persoas beneficiarias:
Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado o establecemento turístico para o que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
As empresas deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (PEME)
Accións subvencionables. Condicións:
Serán subvencionables as accións de mellora que se realicen en calquera dos seguintes establecementos turísticos:
- Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos
- Os restaurantes inscritos e clasificados no REAT
As obras de mellora terán que ser iniciadas a partir do 1 de Xaneiro de 2024.
Poderán subvencionarse os seguintes investimentos:
- Mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Obras para mellorar as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade (especialmente o Q de calidade Turística).
- Actuacións de adaptación as modificacións normativas e a mellora da clasificación do establecemento que supoña un incremento de categoría.
- Renovacións e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
- Melloras da climatización que favorezan a sustentabilidade e a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
- Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
O investimento neto (importe orzamento unha vez deducido o IVE) poderá ser de ata 100.000 euros.
No caso de obras, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou certificado do concello que deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.
Gastos subvencionables:
- Os investimentos netos do solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.
- Aqueles vencellados coa execución do proxecto e tamén os servizos profesionais vinculados ao proxecto , como honorarios técnicos (înferiores ao 6% do investimento neto admitido) de redacción do proxecto e de dirección de obra.
- Os tributos cando a persoa beneficiaria os aboe efectivamente.
Gastos non subvencionables:
Aqueles que non esten directamente relacionados coa actuación subvencionable e, en ningún caso, os seguintes:
- Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
- Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, así como enxoval de cociña e comedor, enxoval das habitacións e baños, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.
- Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintaría,…).
- Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
- Gastos de conectividade.
- Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante
- Os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.
- Impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Criterios de valoración:
Os proxectos ou actuacións deberán ser técnica, económica e financeiramente viables, e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán por orde decrecente os seguintes:
- Antigüidade segundo a data de incrición no no REAT. Máximo 18 puntos.
- Grao de investimento. Valorarase o investimento que se realice polo dito concepto en relación coa superficie construída do establecemento. A puntuación máxima será de 15 puntos.
- Impacto no emprego: Favorecerase o mantemento e a creación do emprego da empresa ou entidade solicitante durante o ano 2023. Puntuación máximo será de 10 puntos.
- Tamaño da entidade ou empresa. Favoreceranse os proxectos das empresas ou entidades de menor tamaño. Puntuación máxima de 15 puntos.
- Que a empresa ou entidade estea en posesión dalgún certificado de calidade para o sector turístico referido ao establecemento para o cal se pide a axuda: 16 puntos.
- Que a empresa ou entidade posean algunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida referida ao establecemento para o cal se pide a axuda: 16 puntos.
- Que a empresa ou entidade teña implantado un plan de formación/plan de igualdade: 10 puntos.
Contía da axuda:
A subvención poderá ser de ata o 60 % sobre o orzamento de gastos subvencionables, cun importe máximo por entidade beneficiaria de 60.000 €. A porcentaxe da axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que acaden os proxectos presentados:
Puntos | % axuda |
80-100 | 60% |
60-79 | 50% |
30-59 | 40% |
Os proxectos que non acaden un mínimo de 30 puntos non obterán subvención. Se dúas ou mais solicitudes acadan igual puntuación e non existe crédito suficiente para atendelas a todas, priorizaranse aquelas solicitudes en que o establecemento para o cal se solicita a axuda sexa o de maior antigüidade.
Ao tratarse dunha axuda suxeita ao reglamento das axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir outras axudas baixo este réxime, non se supera o límite de 300.000 € durante os tres anos previos.
Prazo:
Do 18 de xaneiro de 2024 ata o 19 de febreiro de 2024.
Máis información:
Código de procedemento de tramitación: TU503A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.