“BONOS ENERXÍA” SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA

O INEGA publica a convocatoria para 2024 dos “BONOS ENERXÍA” destinada ás PEMES e AUTÓNOMOS con actividade económica nos eidos do comercio, hostalería, artístico-recreativa e outros servizos que leven a cabo proxectos de mellora enerxética realizados entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro do 2024.

Beneficiarios

  • As PEMES e os autónomos que teñan domicilio fiscal en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas45 a 47
Sección H: transporte e almacenamento49 a 53
Sección I: Hostalería55 a 56
Sección J: informacións e comunicacións58 a 63
Sección K: actividades financieras e de seguros64 a 66
Sección L: actividades inmobiliarias68
Sección M: actividades profesionais69 a 75
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares77 a 82
Sección P: educación85
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais86 a 88
Sección R: actividades artísticas, creativas e de entretemento90 a 93
Sección S: outros servizos94 a 96

Liñas de axuda

  • BONO ASESORAMENTO ENERXÉTICO, que inclúe:
  • Diagnoses enerxéticas que inclúan inventario dos principais equipamentos consumidores do centro de traballo, análises de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía avaliando o custe e aforro económico derivado.
    • Auditorías enerxéticas, que na parte de proposta de mellora debe analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implantación de sistemas de telexestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético
  • BONO ENVOLVENTE: elementos de control solar, serán subvencionables os toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores (en ningún caso se subvencionarán os elementos que incorporen publicidade).
  • BONO ILUMINACIÓN:  substitución de iluminación interior e/ou exterior (incluídos rótulos e escaparates) por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
  • BONO INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade.
  • BONO EQUIPAMENTO: renovación do equipamento consumidor de enerxía (electrodomésticos) e calquera equipamento de consumo enerxético cunha cualificación enerxética B ou superior.
  • BONO CLIMATIZACIÓN: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Tamén serán subvencionables a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control.
  • BONO INMÓTICA: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permiten xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes, consideraranse subvencionables se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo (se só miden e analizan non se consideran elixibles).

Gastos subvencionables

  • Os custes de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de “Bonos de mellora enerxética
    • A realización dos diagnósticos/auditorías e do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.

Non serán subvencionables:

  • Os gastos de legalización
    • O IVE
    • Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño
    • As operación de mantemento
    • As instalación de xeración eléctrica fotovoltaica

En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa fosen obxecto de axuda en anos anteriores.

Condicións

  • O investimento mínimo por solicitude para que as actuacións sexan subvencionables é de 1.000 € (IVE excluído) ou 200 € no caso de que a solicitude recolla exclusivamente o “bono de asesoramento enerxético”
  • Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada centro de traballo. Cada solicitude poderá recoller unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía. Excepcionalmente, permitirase a presentación de dúas solicitudes cando unha delas recolla exclusivamente o “bono asesoramento enerxético”
  • O custe de adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor do mercado

Contía

  • A contía da subvención será do 80% do custe elixible da actuación.
  • Con carácter xeral, a axuda máxima será de  6.000 € por solicitude (sen ter en conta a axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético que non computará para este límite).

Estas axudas están sometidas a mínimis: O importe das axudas de “minimis” concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 € durante calquera período dos 3 exercicios fiscais e os 100.000 € para empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea, os 40.000 € para empresas do sector da pesca e da acuicultura e os 20.000 € para o sector agrícola.

Prazo

Dende as 9.00 h. do 10 de xaneiro ata o 26 de xuño de 2024.

Compatibilidade

Estas subvencións son compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade (sempre que non supere o 100% do investimento subvencionable ou o límite máximo establecido na normativa de aplicación).

Máis información

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de melloraenerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxíapeme), anualidade 2024

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IN417Z

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *