SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS CREADORAS GALEGAS EN RESIDENCIAS LITERARIAS FÓRA DE GALICIA PARA O ANO 2023

Se te dedicas a creación literaria nalgunha das súas facetas (escritura, tradución, deseño gráfico ou ilustración), desenvolves o teu traballo en Galicia e tes interese en participar nunha estadía en residencias literarias fóra de Galicia, esta convocatoria interésache.

A finalidade desta orde é apoiar o sector galego da creación literaria, establecendo as bases das subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 15 de decembro de 2023, dirixidas a profesionais da creación literaria galegos.

As estadías terán como finalidade que as persoas creadoras  realicen a tradución das súas obras, que a súa estadía sexa necesaria para o proceso de investigación previo á creación da obra obxecto da residencia ou que precisen dun espazo e ambiente de traballo que lle permita continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Obxectivos específicos
  • Difundir e potenciar o desenvolvemento do sector cultural galego, visibilizando a riqueza e a calidade dos profesionais da creación literaria galegos.
  • Facilitarlle espazos adecuados de traballo en institucións para apoiar o desenvolvemento dos seus proxectos, a formación ou o acceso a novos coñecementos.
  • Impulsar as relacións entre institucións e profesionais do sector.
  • Ampliar a novos territorios e públicos a actividade cultural galega establecendo pontes con outros profesionais e institucións de fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias

Persoas físicas, sexan autónomas ou non, que interveñan no proceso de creación do libro nas correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro, que acrediten esta condición e que desenvolvan o seu traballo no ámbito da Comunidade Autónoma galega. 

Contía das subvencións

O importe final adxudicado a cada persoa beneficiaria sexa o 80 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento da convocatoria.  O importe máximo por estadía será de 5.000 €, non admitíndose máis de 1 proxecto por beneficiario.

Gastos subvencionables
  1. Gastos de viaxe (gastos asociados ao desprazamento (ida e volta) da persoa participante ao lugar de realización da residencia). O importe concedido non poderá superar os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
    • España: ata 500 €/persoa.
    • Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 900 €/persoa.
    • Resto do mundo: ata 1.600 €/persoa
  2. Gastos de transportes internos (uso de medios de transporte para desprazamentos na localidade ou localidades de realización da residencia apoiada, incluíndo traslados desde e cara ao aeroporto ou estación de chegada ou partida; ou gastos para o desprazamento entre localidades se a participación da persoa creadora ten lugar en distintas localizacións; ou gastos xerados polo traslado cara a ou desde a localidade de realización da residencia cando o traxecto cuberto polo billete principal, incluído dentro dos gastos de viaxe, non cubra a totalidade do percorrido.)
  3. Gastos de aloxamento e manutención. O importe subvencionado por gastos de aloxamento non superará os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
    • España: ata 100 €/persoa e día
    • Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 150 €/persoa e día
    • Resto do mundo: ata 120 €/persoa e día. O importe subvencionado por gastos de manutención non superará os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
    • España: ata 40 €/persoa e día
    • Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 60 €/persoa e día.
    • Resto do mundo: ata 50 €/persoa e día.
  4. Gastos de subscrición dunha póliza de seguro de viaxe.
  5. Gastos de subscrición dunha póliza de seguro médico.
Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 28 de xullo ata 31 de outubro de 2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 12 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas creadoras galegas en residencias literarias fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *