SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA

Axudas, de ata un máximo de 8.000 euros, para cubrir os gastos de asistencia a feiras e eventos de artesanía por parte dos obradoiros artesanais.

A Xunta de Galicia ven de publicar unha convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da comercialización da artesanía galega, que inclúe 3 liñas de axudas:

  • Unha liña de axudas para concellos de Galicia 
  • Unha liña de axudas para asociacións profesionais e empresariais de artesáns
  • Unha liña de axudas para titulares de obradoiros artesáns.

Esta terceira liña, que vai dirixida a autónomos e pemes que sexan titulares dun obradoiro artesán en Galicia, é a que aquí resumimos:

Persoas beneficiarias

Titulares de obradoiros artesanais  inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

Actuacións subvencionables para os obradoiros artesanais

Participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais.

  1. Feiras profesionais de artesanía.
  2. Feiras non profesionais. 
  3. Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2022/23.

As devanditas feiras deberán ter indubidable interese comercial para o sector artesanal galego.

Contía 

A axuda consistirá en tíckets de impulso á comercialización, se non dispoñen da documentación acreditativa da actividade realizada, que terán as seguintes modalidades: 

  • Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 500€, 1.000€, 1.500€, 2.000€ e 3.000€, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a participación en feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 500€. A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
  • Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 400€ e 750€, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400€. Quedan excluídas de solicitar por tícket as feiras do período de Nadal 2022/23. A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
  • Feiras de Nadal 2022/23. Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2022/23 para as que se solicite subvención xa se realizou no momento da presentación da solicitude, deberá achegarse a documentación xustificativa dos gastos (artigo 5.1.1.da orde) xunto coa solicitude. Quedan excluídas as feiras de Nadal 2023/24. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400€.  O importe máximo de axuda será do 80% do investimento subvencionable (IVE excluído) cun máximo de 1500 € por feira cun límite de 3 feiras para este período.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000€, IVE excluído. 

Prazo 

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de  maio de 2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 14 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023.

 Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *