CALCULADORA DE COTAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS 2023

Queres saber cal vai ser a túa cota de autónomo a partir do 1 de xaneiro? Xa o podes consultar no simulador da Tesorería General de la Seguridad Social (TGSS), e coñecer o novo sistema de cotización por rendementos netos que entra en funcionamento en xaneiro 2023.

A Tesorería General de la Seguridad Social (TGSS) pon en marcha un simulador informativo  para que as persoas traballadoras autónomas calculen a cota que lles pode corresponder co novo sistema de cotización por rendimentos netos. Para estimar a cota débese indicar o tramo no que se atopan os rendementos que se esperan obter. O simulador mostra a tarifa mínima e máxima para cada sección correspondente. 

Así mesmo, detállase o desglose das cotizacións (continxencias comúns, continxencias profesionais, cesamento de actividade e formación profesional) e a base de cotización. 

Tamén póderás coñecer as prestacións ás que se ten dereito, cuxa contía está vinculada á base de cotización de cada traballador.

Novo sistema cotización 2023

Os próximos tres anos, implantarase progresivamente un sistema de 15 tramos que determinan as bases e niveis de cotización en función da renda neta por ingresos reais que rematará como moi tarde, en nove anos.

Isto posibilita un sistema que permite aos autónomos modificar a súa cota en función da súa previsión de ingresos netos (descontando os custos de realización da súa actividade) ata seis veces ao ano. Ao final do exercicio e unha vez coñecidos os ingresos netos anuais, as cotizacións regularizaranse, reintegrándose ou reclamando fraccionamentos no caso de que o tramo final de ingresos netos sexa inferior ou superior ao sinalado polas previsións durante o exercicio.

As persoas traballadoras autónomas acollidas á Tarifa Plana no ano 2022, continuarán coa mesma tarifa.

Mais información

Accede dende o enlace Simulador de cota de autónomo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *