O programa Nova Oportunidade 2022 establece dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:
1ª. Para as que cesaron na súa actividade e van voltar emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas coa finalidade de facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio.
2ª. Para as que estean de alta como persoas traballadoras autónomas e queren voltar a emprender noutro sector. Neste caso a finalidade é facilitar o cambio de actividade económica cara outros sectores económicos como os considerados emerxentes ou vinculados á economía circular, entre outros) Transcorrer un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
BENEFICIARIAS
- Persoas autónomas ou que foran autónomas con anterioridade, e que queiran volver a emprender:
- Ter cotizado durante tres meses ininterrompidos na vida laboral no rexime de autónomos ou noutro rexime especial por conta propia.
- Estar inscrita como demandante de emprego con carácter previo á nova alta.
- Transcorrer un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
- Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
- Persoas autónomas que queiran cambiar de sector de actividade:
- Cotizar polo menos durante seis meses ininterrumpidos na súa vida laboral, no rexime de autónomos ou en calqueira outro rexime especial por conta propia.
- Ser unha persoa traballadora autónoma, nun sector diferente ó anterior, para o cal terá en conta el CNAE y el IAE.
- Residir nalgún concello de Galicia para desenvolver a súa nova actividade profesional.
CONTÍA
O programa consta de dous tipos de bonos:
- Bono alta nova oportunidade: concederáselles unha axuda de 9.000 € ás persoas beneficiarias de ámbolos dous grupos.
- Bono formación e/ou Bono mentoring: consiste nunha axuda de ata 1.600 €, para realizar un mínimo de 40 horas de formación e/ou acompañamento dunha persoa mentora.
A axuda máxima total será de 10.600 €.
PRAZO
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 31 de outubro de 2022.
A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información, consulte a ORDE do 8 de agosto de 2022 ou a Sede Electrónica da Xunta (TR790A).