PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas emigrantes que se establezan na Comunidade Autónoma galega e que cumpran cos seguintes requisitos:
- As persoas galegas e nacidas en Galicia.
- Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia
- Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
- Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, con anterioridade á presentación da solicitude.
- Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na C.A. de Galicia.
- Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
TIPOS DE AXUDA
Liña 1. Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora.
Para esta liña, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros que pode verse incrementada nos seguintes supostos:
- No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros
- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) esté situado nun concello rural: 2.000 euros.
O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.
Liña 2. Subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego.
As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.
INCOMPATIBILIDADES
A obtención das subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e das subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego son compatibles con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas.
As subvencións da liña 1 e da liña 2 recollidas nesta resolución son incompatibles entre si.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de novembro do 2021.
MÁIS INFORMACIÓN:
Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A) e na Sede electrónica da Xunta.