Convocatoria da orde de voluntariado xuvenil, coa novidade de poder facer a maiores proxectos interxeracionais para poñer en valor o medio rural e impulsar novas oportunidades de inserción laboral para a xente nova.
A través dela foméntanse en concellos pequenos e de carácter rural o intercambio de coñecementos e experiencias entre mozos de 16 a 30 anos e persoas maiores de 55.
As propostas de voluntariado que se poden acoller a estas axudas deben desenvolverse desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro deste ano. As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
- Entidades de acción voluntaria e as entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil do ano 2023.
- Así mesmo, terán a condición de entidades beneficiarias as entidades locais de carácter rural que realicen actividades relacionadas co proxecto piloto Talento interxeracional no eixe 3.
- As entidades locais poderán concorrer á convocatoria de xeito individual ou conxuntamente baixo as fórmulas de agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar.
- No caso de proxectos vinculados con actividades establecidas na letra j) do artigo 2.2 desta orde, as entidades deberán desenvolver os seus proxectos en calquera dos concellos galegos que teñan a consideración de entidade local de carácter rural, sen necesidade de que a súa actividade principal ou sede social radique nalgún deles.
- Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os proxectos subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.
Orzamento
Gastos subvencionables
- Os custos orixinados pola participación das persoas voluntarias nos proxectos de acción voluntaria, de acordo co artigo 7.h) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, relativo á mantenza e ao transporte.
- Os gastos que deriven directamente das actividades de voluntariado realizadas e recollidas no proxecto presentado, entre as cales se inclúen a contratación laboral de persoal técnico ou experto, os gastos de actividades inherentes ao desenvolvemento do proxecto, a adquisición de material funxible pero non inventariable, ou os seguros das persoas voluntarias que leven a cabo o proxecto durante o tempo de execución deste.
- Non se subvencionarán os gastos en bens inventariables e de investimentos, os xuros debedores das contas bancarias, as recargas e as sancións administrativas nin os gastos de procedementos xudiciais.
- A contía da subvención que se vai conceder a cada entidade calcularase a razón de 10 euros por persoa voluntaria e día, dos cales 6 euros diarios serán entregados pola entidade a estas, para cubrir os custos de desprazamento e mantenza, e os 4 euros restantes empregaraos a entidade para cubrir os gastos dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil das persoas voluntarias.
- En ningún caso a contía da axuda outorgada poderá superar os 4.800 euros por proxecto, que correspondería a un proxecto de oito (8) persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días; ou a contía de 12.000 € por proxecto, que correspondería a un proxecto de vinte (20) persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días, naqueles casos en que se poidan solicitar ata un máximo de vinte (20) persoas voluntarias por proxecto.
De aplicación exclusivamente aos proxectos de voluntariado interxeracional, serán subvencionables os gastos de deseño, elaboración e/ou redacción do proxecto, o diagnóstico e a identificación de oportunidades vinculada co proxecto piloto Talento interxeracional, e os gastos das retribucións de carácter extraordinario vinculadas a traballos que realice o persoal propio da entidade beneficiaria como funcións adicionais ás propias do seu cargo, de conformidade coa normativa de persoal de cada entidade beneficiaria.
Para ter acceso á axuda é preciso obter un mínimo de 50 puntos na avaliación técnica dos proxectos.
Prazo e presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de setembro de 2023.
A concesión da axuda farase en réxime de concorrencia competitiva seguindo a orde de prelación pola puntuación obtida, ata esgotar o crédito dispoñible en cada caso. Unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtiveron axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva, por se algunha das entidades beneficiarias renuncia.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.