Establécese as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria pública do procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para o financiamento do proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023.
Requisitos das entidades beneficiarias
- Entidades de accións voluntaria e as entidades locais legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
- Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.
- Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.
- Estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
- Ter cumprida a obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio, no caso das entidades locais.
Proxectos subvencionables
A execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural terá como data límite o 20 de outubro de 2023.
Deberán contar cun mínimo de 4 persoas voluntarias e, de ser o seu número superior, a subvención prevista nesta orde só abranguerá 14 das persoas voluntarias que participen no proxecto sen prexuízo do disposto no punto.
Os proxectos deberanse desenvolver coa participación de persoas voluntarias a través de grupos interxeracionais, que estarán integrados por un sistema de parellas que estará formado por unha persoa voluntaria de 55 anos ou máis e unha persoa voluntaria de 16 a 35 anos, sen prexuízo de integrar outras idades ata os 54 anos. A persoa voluntaria de 55 anos ou máis encargarase de titorizar a persoa voluntaria de 16 a 35 anos coa que forma o grupo interxeracional.
Actuacións dirixidas a un ou varios dos seguintes obxectivos no ámbito territorial definido por concellos de carácter rural:
- Deseño e estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa.
- Recuperación e/ou anovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
- Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sustentables de cara a súa proxección no mercado.
- Recoñecemento e posta en valor da riqueza ambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.
- Deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
Natureza e obxectivos dos proxectos subvencionables
O proxecto técnico terá unha base eminentemente social que contribúa, ao recoñecemento do valor intrínseco da acción voluntaria e á súa proxección nesta intervención e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias, tanto novas como maiores (a través da vivencia, intercambio de talento, experiencias vitais e de coñecemento) fomentando unha convivencia respectuosa e solidaria entre as persoas participantes.
Liñas obxeto de subvención
- Son liñas subvencionables, e por tanto, nas cales deberán desenvolverse os proxectos que se presenten, as seguintes:
- Liña 1. Coidados: proxectos orientados á identificación de situacións e necesidades de coidados, baseadas en casos reais detectados na zona, e enfocados ao acompañamento ou apoio no fogar de persoas autónomas pero que precisen coidados ou apoios puntuais en determinados períodos de tempo, coa finalidade de promover bolsas de emprego con persoas con formación e capacitación para atender as solicitudes detectadas na zona.
- Liña 2. Agroalimentaria: proxectos orientados a promover cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional da zona e/ou impulso de novas iniciativas con posibilidades de proxección no mercado en transición cunha economía circular e sustentable.
- Liña 3. Protección do ambiente: proxectos orientados á protección e/ou recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas e visualización de zonas especialmente vulnerables desde o punto de vista medioambiental.
- Liña 4. Turística: proxectos orientados á promoción do turismo rural e localización de potenciais zonas ou edificacións susceptibles de aproveitamento para esta finalidade.
- Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital: proxectos orientados ao deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
- Cada unha das liñas debe contar cun grupo interxeracional.
- Cada proxecto ten que encadrarse como máximo en tres liñas das indicadas anteriormente debendo indicarse a porcentaxe que se lle aplica a cada liña en relación co total do proxecto.
Orzamento
As contías previstas na tabla distribúense de xeito porcentual entre os diferentes proxectos consonte coas seguintes porcentaxes:
- a) Liña 1. Coidados: 20 %.
- b) Liña 2. Agroalimentaria: 20 %.
- c) Liña 3. Protección do ambiente: 20 %.
- d) Liña 4. Turística: 20 %.
- e) Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital: 20 %
Os importes que non se cubrisen nalgunha das anteriores liñas, tendo en conta as solicitudes presentadas, incrementaranse no resto de liñas de forma proporcional.
Gastos subvencionables
- a) Os gastos de deseño, elaboración e/ou redacción do proxecto, así como o diagnóstico e identificación de oportunidades.
- b) Os gastos derivados da formación e capacitación, tanto do persoal da entidade de acción voluntaria como das persoas interesadas.
- c) Os gastos ocasionados como consecuencia de viaxes, aloxamento e axudas de custo motivados por reunións de traballo ou formación que non poderá superar o 10 % do custo do proxecto.
- d) Os gastos das retribucións de carácter extraordinario vinculadas a traballos relacionados coas letras anteriores que realice o persoal propio da entidade local como funcións adicionais ás propias do seu cargo, de conformidade coa normativa de persoal de cada entidade local. Así como os gastos das entidades asociativas que sexan asimilables a este concepto.
- e) Os gastos derivados da creación, establecemento, desenvolvemento de modelos efectivos e viables consonte as directrices e obxectivos requiridos nesta convocatoria e no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
- f) Os gastos de material funxible non inventariable, necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
- g) Os gastos das persoas voluntarias que conforman o grupo interxeracional en que incorran durante a súa xornada. A entidade fará entrega de 6 € diarios a cada persoa voluntaria participante no proxecto, para cubrir os custos de desprazamento e mantenza.
- h) Os gastos da póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil das persoas voluntarias.
Prazo e presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de agosto de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co departamento de Dinamización Comunitaria da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou no noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org